As rutas fluviais pola Ribeira Sacra achegáronse ao 80% de ocupación durante a Semana Santa

Do luns 14 ao domingo 20 de abril viaxaron nos catamaráns xestionados pola Deputación de Lugo maís de 2.000 persoas

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

1 min lectura

As rutas fluviais da Deputación de Lugo para descubrir a Ribeira Sacra tiveron esta Semana Santa preto dun 80% de ocupación, posto que dende o luns 14 ao domingo 20 de abril viaxaron nos catamaráns xestionados pola institución provincial un total de 2.123 persoas. 

"Son cifras boísimas tendo en conta o mal tempo que fixo estes días en toda Galicia", valorou a deputada de Turismo, Pilar García Porto.

"Unha acollida que dá boa conta da calidade deste servizo público e do seu impacto na dinamización económica e social da comarca", reafirmou a responsable provincial sobre as rutas da institución que descorren polo río Miño e polo río Sil.

MÁIS RUTAS NAS VINDEIRAS SEMANAS

A Deputación ofreceu un servizo ininterrompido do luns 14 ao domingo 20, operando nas dúas rutas do Mencía, en horario tanto de mañá como de tarde. O resto do mes, os catamaráns da institución provincial navegarán de mércores a domingo pola ruta Canón do Sil e no caso de Cabo do Mundo haberá viaxes nas fins de semana.

A institución provincial volverá reforzar os horarios en ambas rutas na ponte do 1 de maio pola festividade do Traballo e as persoas interesadas poden adquirir os seus billetes na páxina reservas.rutasembalses.es.

DO Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é o exemplo mellor conservado de "viticultura heroica"

Temas relacionados