150 anos de tren en Lugo... con poucos avances

O Bloque Nacionalista Galego "celebra" unha efeméride que data do 14 de maio de 1875 e aproveita para pedir máis compromiso ao Goberno central coas infraestruturas ferroviarias da provincia

Representantes do Bloque Nacionalista Galego (BNG) conmemorando os 150 anos da chegada do tren a Lugo
00:00
Baruk Domínguez

150 anos de tren en Lugo... con poucos avances

Baruk DomínguezJosé Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

O tenente de alcalde en Lugo e voceiro municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Rubén Arroxo, lembrou que neste mes de maio celébrase o 150 aniversario da chegada do tren a Lugo, pero a pesar de que transcorreu un século e medio desde ese fito, "a día de hoxe a infraestrutura ferroviaria é a mesma que existía no século XIX". 

Arroxo fixo estas declaracións nunha comparecencia diante dos medios de comunicación fronte á Subdelegación do Goberno en Lugo, para anunciar que o BNG presentará diferentes iniciativas en todas as institucións nas que ten representación para reclamar ao Goberno do Estado "un compromiso real coas conexións ferroviarias de Lugo"

SÉCULO E MEDIO "SEN CAMBIOS CHAMATIVOS"

O voceiro dos nacionalistas lembrou que esta semana se celebra o 150 aniversario da chegada do tren a Lugo, un 14 de maio do ano 1875

"Nestes 150 anos os cambios tampouco foron moi chamativos; de feito, gran parte da vía ferroviaria que existe a día de hoxe é a mesma que existía no século XIX", precisou. 

Ademais, criticou que, aínda que hai obras nas que si ven certos avances, "non se recuperan servizos que foron retirados" no seu momento. 

"LUGO VAI TER QUE SEGUIR ESPERANDO POLO AVE"

Pola súa banda, o responsable local do BNG, Antón Bao, lembrou que o pasado mes de outubro o ministro de Transportes anunciou que Lugo ía estar conectada por AVE en breve.

"Agora recibimos a noticia contraria, Lugo vai ter que seguir esperando pola alta velocidade", lamentou. 

Recoñece que este é "un asunto que preocupa aos lucenses" e anunciou que o BNG vai seguir "facendo todos os esforzos", traballando no Congreso dos Deputados, no Parlamento de Galicia e nas demais institucións públicas "con todas as armas políticas" que ten ao seu alcance para que "Lugo estea ben conectada por tren".

CRÍTICAS A SOCIALISTAS E POPULARES

Na mesma liña, dixo que os nacionalistas gañan "por un a cero" aos demais deputados galegos, sobre todo a aqueles que son lucenses, do Partido Popular e do Partido Socialista

Cun único representante no Congreso, pide maior "compromiso político por parte daqueles que din defender a Lugo pero despois na realidade non fan nada".

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

12:00H | 24 MAY 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking