• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

A Xunta convoca axudas para potenciar a proxección exterior da música e as artes escénicas galegas

Os grupos e compañías van ter apoio para sufragar os gastos das súas xiras internacionais

As axudas están publicadas xa no Diario Oficial de Galicia

As axudas están publicadas xa no Diario Oficial de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 07:16

A Xunta convoca hoxe no Diario Oficial de Galicia as axudas ás actividades de distribución para industrias culturais, a través das que contribúe a potenciar a proxección exterior da música e das artes escénicas galegas cun investimento de 460.000 euros, de acordo cos obxectivos do Plan Xeración Cultura. Esta dotación distribúese a partes iguais entre ambos os sectores para apoiar accións que se desenvolvan entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023.

Convocadas en réxime de concorrencia non competitiva, estas subvencións teñen como destinatarios profesionais autónomos e empresas dedicadas á produción e distribución de espectáculos escénicos e musicais. A través das dúas modalidades, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades asume parte dos custos das xiras de espectáculos galegos por escenarios, feiras e festivais fóra de Galicia, así como a asistencia a mercados sectoriais que se celebren no resto de España ou no estranxeiro. No caso da categoría de artes escénicas apoiarase, ademais, a distribución artística dentro da nosa Comunidade, exceptuando a programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

A proxección exterior e a internacionalización centran precisamente un dos cinco eixes do novo Plan Xeración Cultura que acaba de poñer en marcha a Xunta cun investimento de 34M€ para levar a cabo unha batería de 57 accións. O obxectivo é continuar co crecemento do sector e prepararse para afrontar novos retos, como o desenvolvemento de dúas novas leis no eido da dixitalización e accesibilidade e de seis plans sectoriais.

Ata 25.000 euros por solicitante

Cada empresa ou formación artística poderá beneficiarse dunha axuda de ata 25.000 euros a través desta liña de apoio, que poderá solicitarse na sede electrónica da Xunta de Galicia desde mañá e ata o 2 de maio ou, no seu caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible.

A Xunta convoca estas subvencións co fin de impulsar a distribución e a comercialización exterior dos produtos culturais galegos, ao tempo que se facilita o acceso da música e as artes escénicas galegas ao mercado internacional. Así, o ano pasado cofinanciáronse a través delas os gastos asumidos por máis de 50 empresas culturais no desenvolvemento de 512 actuacións tanto en xiras por Galicia e polo resto de España como nas súas incursións ao estranxeiro. Do cómputo global de actuacións, 321 foron funcións escénicas e as 191 restantes, concertos.


Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE