Rosa, redeira en Portosín (A Coruña): "Non hai libro para aprender este oficio"
Celebramos o día do Carme cunha das profesións imprescindibles pero máis olvidadas no mundo del mar: a das mulleres que reparan as redes de pesca

Rosa comezou aos 14 anos a traballar como redeira
Santiago - Publicado el
3 min lectura
O día da patrona do Mar, na nave de redeiras de Portosín non hai tempo para celebracións. Dende as sete da mañá, Rosa está coas mans ...nas redes. Ela é unha das once mulleres que traballan na reparación de aparellos neste porto pesqueiro do concello de Porto do Son. O 16 de xullo non é festivo local, así que non se pode perder un minuto para que estea arranxada a tempo a rede dun cerqueiro que ten que facerse ao mar pola tarde.
Entre o tempo que traballaou sendo prácticamente una nena e dende que volveu despois, Rosa leva 12 anos adicada a este oficio. " Empecei con 14 anos recén cumpridos, tiña unha tía avoa que arreglaba redes na casa de meus pais e, bueno... xa me picou por aí o gusanillo. A miña familia por parte de homes son todo mariñeiros, meu avó, meu pai, meu irmán...E empecei aí, pero aos dezanove deixeino porque daquela non estabas asegurada, ganaba 500 pesetas ao día...era inviable conseguir un futuro". Pero no deixou moi lonxe o mar, porque das redes pasou á conserva.
de volta á rede, buscando conciliación familiar
Cando precisou dispoñer de máis tempo, primeiro para coidar dun familiar e despois para os seus propios fillos, Rosa decidiu volver ao traballo de redeira. A súa situación laboral, contratada por un armador, non é a máis habitual. A maioría son autónomas e os ingresos, que xa non son moi elevados, non están garantidos. "Quitando o seguro e tal... entre 800 e 1.000 euros, por aí anda a cousa".
"O que ten este traballo, aparte de que é apasionante, é moi bonito, logicamente, é que che permite conciliar... cada unha adáptase ás súas necesidades, ti con facer as túas horas, repártelo e gestiónaste como queres". Explica que o normal son oito horas laborables, pero "se é unha rede que ten que ir para o mar, ao mellor temos que facer dez ou doce"
Conta que na asociación de redeiras en Portosín son 23 mulleres, pero só a metadade teñen traballo nestes momentos. Elas son o final dunha cadea... si os barcos cada vez saen menos ao mar porque teñen menos cotas de pesca, elas tamén teñen menos traballo cada vez, xa que se arranxa o mínimo imprescindible.
Lamenta Rosa que o seu traballo non está recoñecido na lexislación do mar, así que son un oficio prácticamente invisible: "a xente mira para as mariscadoras, para outros oficios que pertencen ao mar, pero nós somos como un cero á esquerda aínda". Por iso di que ela recoméndallo a todo o mundo..."pero se non lle podes garantizar un futuro ¿que fas? Aquí é imposible, buscas outro lado"
Este traballo é apasionante, pero somos como un cero á esquerda aínda.
Redeira de Portosín

En Portosín once mulleres traballan na reparación de redes
aprender... traballando
Cando en realidade, lo que son é imprescindibles, porque sí que hai máquinas que montan o corpo do aparello, pero "despois sempre se necesita redeira, porque hai que colocarlle corcho, hai que meterlle plomo... cada barco quéreo dunha maneira diferente, porque depende de como traballe, de como queira o armador, nin todas as redes son iguales". E para reparalas, "non hai máquina que arranxe unha rede do cerco", asegura.

Rosa Pardo, no mar de redes no que traballa cada día
"Para isto non hai libro" asegura Rosa. "Agora queren facer un ciclo de FP, que está moi ben para ter unha base, pero apréndese cado che veñen as avarías, porque depende como rompan, é como un puzzle pero hai que saber compoñelos, e son moitos cadradiños pequenos".
En toda Galicia, nestes momentos hai unhas 300 mulleres que se dedican a reparar os aparellos cos que se saca do mar o que tanto nos gusta disfrutar no prato.