Regresa a "imaxinería doce" de Semana Santa ós escaparates de Santiago
Roscas, monas e ovos de Pascua están xa en todas as tendas mentres as torradas aumentan a demanda estes días

A rosca mantense como o doce máis demandado na Semana Santa
Madrid - Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Nos recetarios tradicionais, a oferta de doces asociados á Semana Santa permitiría unha sobremesa diferente cada día: rosca, torradas, leite frito, rosquillas, buñuelos, pestiños... pero a pé de rúa en Santiago, algúns son máis doados de atopar e outros, é prácticamente imposible. Nas pastelerías, panaderías e obradores prefiren ir ao seguro..."tal e como está a cousa, coa suba de prezos, a guerra, casi mellor arriscar o xusto", confésannos nalgún establecemento.
Á cabeza da clasificación e sen visos de ceder o posto está a rosca: fariña, ovos, azucre, laranxa e limón, son ingredientes comúns en todos os obradores. Logo, depende dos gustos: María Jesús, da panadería Mimos, emprega manteiga de vaca, "cocida, puntualiza", sen embargo, na Bulanxerí, Iria confésanos que eles empregan a de tona.
Na primeira, trenzan a masa para facer a rosca; na segunda, compóñena a base de ir unindo moletes: "en Suiza tamén se fai así e o que conseguimos con iso é que cando sae do forno non baixe", explica. O que non é opcional á hora de elaborar unha boa rosca é botarlle moita paciencia: "polo menos son precisas oito horas de elaboración dende que empezas a amasar ata que sae do forno", asegura María Jesús.Porque polo medio "cómpre que a masa repouse, hai que pesar as cantidades para facer cada rosca, trenzala e de novo, volta a repousar"

-
Os doces de Semana Santa sin glute ainda non están en todos os establecementos, así que non é estraño que alí onde os elaboran, teñan moita demanda: en ARTESANOS MR del RÍO traballan en exclusiva con produto para persoas celíacas... e ollo: das 1.200 roscas de fariña milla que venden de media estes días, só un dez por cento quedan na comarca de Santiago. O resto serán agasallos de Pascua en Valencia, Barcelona, Murcia ou Madrid, entre outros destinos.

A CASA DE PAPEL TAMÉN É DE CHOCOLATE ESTE ANO
Ovos e Monas de chocolate son o segundo produto máis demandado nestes días... e que cada ano se actualiza: Mónica, de Pastelería Míguez, contounos que teñen "o de sempre, os animais de chocolate... pero este ano tamén mona da Casa de Papel, do Xogo do Calamar e Pitufos" e logo, se a xente quere algo en especial, tamén atenden aos encargos, claro. "Este ano están pedindo moito de Pokémon, que tamén está de moda", indica Mónica. O seu establecemento é dos que ofrecen elaboracións en chocolate tamén para celíacos.

-
Procesionando por pastelerías e panaderías atopamos tamén, ainda que e moi poucos establecementos, outra sobremesa que figura na lista de receitas tradicionais de Semana Santa ainda que é unha elaboración, para algúns, de todo o ano: as torradas. Iria explícanos que ó tratase dun produto "de aproveitamento", sí que o teñen fóra destas datas, ainda que é agora cando máis se vende. Tamén aquí hai variedade dependo dos gustos. Aldana cóntanos que en Granier empregan "pan de barra castellana, que é o que queda mellor mollado en leite". Cómpre agardar a que empape ben "e cando amolece, rebózase en ovo e frítese para despois botarlle canela e azucre". En La Bulanxerí, sen embargo, as torradas non van á tixola, fanse no forno: "con miolo de brioche ou de viena, mollado en leite e tamén nun pouco de ron ademáis do ovo". A cobertura é de azucre caramelizado.



