• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

O Pazo de Goiáns en Boiro volve a lucir no Día das Letras Galegas

O interior da Torre acolle este martes os actos da Romaría das Letras xa que o tempo obrigou a suspender algún dos previstos nos xardíns

ctv-scz-img-5735

Boiro (A Coruña)

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 11:11

O Concello de Boiro realizou na tarde deste luns a inauguración do Pazo de Goiáns logo das obras de rehabilitación do inmoble principal, coincidindo coa programación das Letras Galegas 2022.

Máis dun cento de persoas asistiron á inauguración, entre os que estiveron membros da corporación local, ex alcaldes do municipio e membros de antigas corporacións locais, tamén representantes de entidades e asociacións e os membros da Comisión de Planificación e Futuro do Pazo de Goiáns.

Na inauguración interviron o alcalde, José Ramón Romero, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto. Na súa intervención o alcalde falou da historia do Pazo e das obras de rehabilitación que comezaron no ano 2019. “Cada detalle desta rehabilitación foi escollido con mimo e con moito gusto, intentando salvagardar todos aqueles elementos orixinais e conservar a súa esencia”, recoñeceu o alcalde. José Ramón Romero agradeceu o traballo de todas as persoas e colectivos que traballaron para a súa recuperación e que “o Pazo de Goiáns chegue hoxe ás mans ás que pertence: ás do pobo de Boiro”.

O Concello de Boiro vai seguir traballando agora para recuperar as demais edificacións que conforman a finca e por dotar o espazo de contido, atendendo ás aportacións de colectivos e veciñanza. O deputado de Cultura, Xurxo Couto, agradeceu o convite e animou a seguir realizando actividades e eventos “neste escenario que hoxe se inaugura”.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS E ROMARÍA

A programación das Letras Galegas 2022 deu comezo coa presentación do caderno nº6 de Follas Novas. Revista de Estudos Rosalianos e que contou coa intervención de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía; e Xosé Luis Axeitos, director de Follas Novas, acompañados polo alcalde e a concelleira de Cultura. Os actos do día en Goiáns remataron co concerto de Laura Lamontagne e Pico Amperio.

A Concelleira de Cultura, María Outeiral, anunciou os cambios na programación da Romaría das Letras Galegas debido á previsión meteorolóxica que obrigou a suspender o espectáculo de danza que ía ofrecer a compañía Nova Galega de Danza no exterior do Pazo este luns, e mais as previstas para o martes de Xisco Feijoo e Baiuca.

De tódolos xeitos, convidou a toda a veciñanza a achegarse este martes a Goiáns para coñecer o Pazo, visitar o mercado de artesanía, asistir ás presentacións literarias a cargo de Barbantia, á sesión vermú con pulpeira ou o baile tradicional.



Durante todo este martes, Día das Letras Galegas, o Concello de Boiro establece un servizo de autobús para trasladarse ata o Pazo de Goiáns con saídas desde a praza da Boqueira da Negral ás 10.30, 12.30, 16.00 e 18.00 horas, e regreso dende o pazo ás 10.45, 12.45, 16.45, 18,45 e 21.30 horas.

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado



Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar