• Lunes, 17 de junio 2024
  • ABC

COPE

Ortiga, o músico santiagués detrás do hit "Nosa Verbena"

Ortiga é Chicho ou Manuel González. Os tres son o mesmo: un músico e compositor santiagués que fixo que novas xeracións cantaran con Pili Pampín e que agora desfrutan con "Verbena"

Audio

Santiago

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 23 may 2024

Ortiga é un músico e compositor de Santiago. Comezou a súa carreira como unha forma de lecer: "algo que sempre fixen cos meus amigos, pero, ao final, iso foise desmadrando e chegou un punto en que formamos grupos que son profesionais e que vivimos disto, que para nós sempre foi un soño, a verdade".

Ortiga explora ritmos e sons, sen deixar de lado o autotune cunha proposta fresca e desenfadada: Ortiga é salsa, merengue e verbena. E precisamente de verbena fala nunha das súas últimas propostas, en colaboración con Estrella Galicia.

A súa casa musical defíneo como o "latin boy" da escena alternativa galega e, dende finais do 2010 xa forma parte da cultura pop da última xeración. Este mozo nacido no 1994 en Compostela leva dende pequeno bebendo da cultura galega. Ortiga ten estilo propio e é único. Non só pola súa aposta, tamén producíu para outros artistas como Carlangas, Manu Chao, Dios Ke te Crew ou Conjunto Amistá. A súa música forma parte da banda sonora dos estudantes de Santiago e de tantos outros lugares.

Recuperou a música de Pili Pampín para devolver a esta figura esencia da cultura popular galega a un lugar protagonista entre as novas xeracións.

Neste 2024, despois de tres anos, Ortiga volve cun novo traballo e que vai presentar por distintas cidades de España: "Temos xa actuacións en Oviedo, Zaragoza, tamén pasarei por Pontevedra, preto de Santiago... o que pasa é que non sei que está sen anunciar, non quero meter a pata, así que o mellor é estar pendente do Instagram", explícanos.

Preguntámoslle por como ve o panorama actual da música en Galicia, hai un rexurdimento que fusiona tradición con novos tempos? "Agora pode ser que haxa un punto máis de profesionalización e tamén de trascendencia dos grupos ao gran público. Pero Galicia, antes de Tanxugueiras e Baiuca, xa era terra de Malandrómeda e Cuchillo de Fuego".

Ortiga chámase Manuel, pero elixíu ese nome artístico: "Porque ao final, eu quería unha palabra curta, para facer como os merengueros, gritalo no medio das cancións e é unha palabra que parece un apelido, ademais é algo galego, así que dixen, para adiante!"


Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar