• Jueves, 09 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Mariela, arxentina de avós galegos ou Vikash, indio tradutor de Rosalía: os "galegos sen fronteiras"

Ata o 24 de xullo medio cento de alumnos chegados de tres continentes do mundo aprenden galego e achéganse á nosa cultura a través do curso "galego sen fronteiras"

Audio

Santiago

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 12:07

A Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela retoman os Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”, despois de tres anos de interrupción por mor da pandemia do coronavirus. Participan, ata o 24 de xullo medio cento de estudantes chegados de tres continentes.

María López Sández, académica de número e secretaria dos cursos cóntanos que este programa permite un contacto cultural intenso: "é estimulante, son 20 nacionalidades distintas. Persoas moi distintas ás que une o seu interese por coñecer e achegarse a outras linguas e culturas".

Vídeo


En COPE Galicia falamos con algún dos alumnos e puidemos coñecer a Mariela Paula Sánchez, que vén dende Buenos Aires. Mariela ten raíces galegas. Mariela xa foi alumna dos cursos hai once anos. Fixo a súa tese de doutoramento sobre a transmisión interxeracional na literatura da memoria sobre a guerra civil e o franquismo e incluíu nela obras da literatura galega.

Na actualidade é profesora da Universidad Nacional de La Plata e investigadora dun organismo que funciona como un CSIC, pero arxentino. Imparte aulas de literatura española pero sempre introducindo o seu alumnado nas letras galegas.

Vídeo

E tamén coñecemos a Vikash Kumar Singh. El é da India e tamén foi alumno dos cursos con anterioridade. É profesor da maior universidade a distancia do mundo, do seu país, e imparte nela clases de español, pero no campo da investigación tamén lles presta atención aos estudos galegos.

Traduciu no seu día do galego ao hindi poemas de Rosalía de Castro e recentemente encargouse de verter ao galego unha escolma de "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro. Eses textos formarán parte dunha antoloxía de poemas sobre a guerra de diversas linguas ao coidado dun académico indio. Esta iniciativa xurdiu en relación coa guerra de Ucraína.

Vídeo


  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Vídeo


Vídeo


Mariela, arxentina de avós galegos ou Vikash, indio tradutor de Rosalía: os galegos sen fronteiras



Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar