Javier Rivas, director do CRA de Oroso: "aquí aprenden todos, non queda ninguén atrás"

En Galicia hai 26 Colexios Rurais Agrupados, os "CRA". Reivindícanse como escolas de proximidade, non só ao lugar onde vive o alumnado: tamén, ás súas necesidades

00:00

Os cativos amósanse encantados de compartir aula con compañeiros de edades diversas

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O Centro Rural Agrupado de Oroso ten catro aulas, pero non están no mesmo edificio: atópanse repartidas en catro aldeas do concello. En cada unha medran xuntos cativos de tres a oito anos: dezasete na de Deixebre, quince en Trasmonte, dez en Senra e oito máis en Vilacide.

Invadimos Trasmonte aproveitando unha xornada na que todo o alumnado vai participar nunha actividade conxunta, así que o balbordo é algo maior do cotián. Mentres agardan pola chegada dos compañeiros das outras tres escolas, o grupo está repartido entre a clase de inglés e outra, intúo que de matemáticas: no chan, unha xoaniña percorre o taboleiro de cadrados na procura de números baixo a atentísima mirada da rapazada, a súa titora e unha profe de apoio.

Marta, unha becaria da Fundación Princesa de Girona que está a facer as prácticas de Educación Primaria aquí con nós", explica Javier Rivas, o director del CRA.

"Ti es camarógrafa!" asegura unha das pequenas mentres empezo a sacar o meu material de traballo da mochila. Sorprende que unha meniña de apenas cinco anos saia con semellante palabra: "estivemos cun proxecto sobre o audiovisual", explica a titora, por iso están ao quite...

APARTADOS PODE, PERO NON "DESCONECTADOS"

O director do CRA de Oroso explica que este modelo educativo, de convivencia de alumnado dende 3º de Infantil a 2º de Primaria, ofrece un ensino máis cercano ás necesidades reais do alumnado: "os nenos máis xóvenes que teñan un bo desenvolvemento poden traballar cousas que poiderían estar reservadas a alumnano de máis idade e ao contrario, nenos de máis idade que polo que seña teñen un tipo de desenvolvemento máis lento, poden adaptase ao ritmo dos máis pequenos". Ademáis, engade Rivas, "desenvólvense outras capacidades, outros valores, como a axuda, o respecto, a cooperación, o traballo en equipo..."

Este xeito de traballar, claro, supón un reto para o docente, como explica a titora de Trasmonte: "cómpre preparar un mesmo contido para os distintos niveis que hai na mesma aula". Traballo de adaptación que se presupón en calquera centro, porque a pregunta é obrigada: que aula de que escola non é diversa?

Rivas convida a rachar outra idea moi estendida: a da "desconexión" das escolas rurais. "No pasado, pois igual que lle acontecía á sociedade, a día de hoxe ese problema non existe: os CRAS estamos en todos os proxectos de innovación educativa da Consellería de Educación, en Biblioteca, Robótica, en Polos Creativos, temos pantallas dixitais, ordenadores... Traballamos calquera tipo de metodoloxía. Cal é a nosa vantaxe? O grupo multinivel e unha ratio menor de alumnado que noutros centros". Aínda así, asegura que hai "algún CRA que todos os anos deixan nenos fóra"

Iso non quita que, igual que acontece tamén noutro tipo de centros educativos..."sexa preciso algunha que outra posta a punto, claro!" Anotado tamén.

00:00
Javier Rivas é o director do CRA de Oroso, que agrupa ás escolas de Deixebre, Trasmonte, Senra e Vilacide

-

O feito de estaren agrupados en CRA dalles máis estabilidade que ás Escolas Unitarias que siguen traballando en solitario, e que teñen a espada de Damocles do mínimo de cinco matrículas para continuar abertas. Un centro agrupado como o de Oroso conta, ademáis da titora en cada unha das catro aulas, cos cinco mestres especialistas que se van desprazando, nalgúns casos en distancias de cinco minutos, noutros, de vinte. Pero todo o alumnado ten as súas clases de Música, Educación Física, Relixión, Audición e Linguaxe e Inglés.

Marta, a profe que está dende febreiro de prácticas, conta que elixiu Galicia cando fixo a solicitude da beca e a sorte achegouna a Oroso. Ela é leonesa, así que a realidade da escola rural agrupada non lle é allea nin moito menos: "Castilla y León es una de las comunidades con más CRAS de toda España", explica. A Fundación Princesa de Girona pídelles que orienten o traballo de Fin de Grao cara a este ámbito e Marta asegura que leva a carpeta chea: "me está gustando mucho la experiencia, estoy aprendiendo mucho de cómo se aprovecha el entorno en el ámbito educativo. Me gusta mucho su forma de trabajar", confesa. Así que "claro que se ve" traballando nun centro coma este!

Todo o alumnado do CRA de Oroso comparte actividades conxuntas, como o programa Fai clic ao teu bocata

"A NOSA ESCOLA É MOI DIVERTIDA"

O micrófono prendido fai o que moitos docentes desexarían acotío, seguro: faise o silencio na aula. Con todo, hai quen vence o medo e nos conta o "divertido" que é vir a este cole. Hugo, por exemplo, está encantado co labor do "encargado da aula: cando acabamos de ler un conto, vamos facer unha ficha e o encargado reparte as pinturas, os lápices e todas esas cousas..." Bran fala deses días de choiva nos que toca xogar no local social, pero non pasa nada: "temos as construccións". Pregúntolles como levan o de estar mesturados na mesma aula con rapaces de idades diversas: Bran explícame que el "é un pouco mediano", porque ten cinco anos. Gustallé poder "xogar con outros nenos" e afirma que "aprende moitísimo!"

A escola de Trasmonte ten 16 das 50 matrículas coas que conta este curso o CRA de Oroso

O prazo inscripción para o vindeiro curso está xa aberto: "non te esquezas de lembralo na túa noticia", dime outra das titoras do CRA de Oroso. "Que a xente ten que saber que estamos aquí pretiño". Queda dito tamén.

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Últimos audios

Último boletín

05:00H | 21 JUL 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking