• Viernes, 03 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Córgomo, en Vilamartín de Valdeorras, acollerá a homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

A Aira dos Bolos, lugar cargado de simbolismo na vida e na obra do autor homenaxeado, é o escenario escollido pola Real Academia Galega no que se visibilizará a fala de Valdeorras

ctv-jut-fdg 00

Fonte, Real Academia Galega

Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 18:15

AReal Academia Galega celebrará este martes, 17 de maio, a sesión extraordinaria e pública doDía das Letras Galegas enCórgomo, na localidade ourensán de Vilamartín de Valdeorras, a vila natal de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), homenaxeado na edición deste ano 2022.


O acto desenvolverase na Aira dos Bolos, un lugar cargado de simbolismo na vida e na obra do autor homenaxeado, e consistirá en tres alocucións sobre o poeta a cargo da académica Rosario Álvarez Blanco e dos académicosRamón Villares e Xesús Alonso Montero. Pechará o pleno o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. As intervencións poderán seguirse en directo dende academia.gal


FESTA ABERTA Á VECIÑANZA


A celebración, segundo informa a RAG, será unha festa aberta a toda a veciñanza nun espazo onde se adoitaba xogar aos birlos, unha tradición queDelgado Gurriarán inmortalizou nas páxinas de Galicia infinda (1963), nos versos “Os bolos ralban louxados, / a bola ralba penedos... / É que xogan, mau a mau, / o Severino i o Ferros”, pertencentes ao poema titulado “Córgomo de Valdeorras”, que dedicou, xa dende o exilio en México, aos seus veciños. A Aira dos Bolos ten ademais como pano de fondo a actual Casa do Pobo, no seu día a tenda da aldea, rexentada polo seu tío Manuel.





O historiador Ramón Villares trazará un percorrido pola biografía de Florencio Delgado Gurriarán, cuxa figura encarna o activismo cultural desenvolvido polos galeguistas que fuxiron a México, tendendo sempre pontes co exilio interior.


Na súa persoa, a Real Academia Galega réndelle así homenaxe por primeira vez na gran festa das Letras Galegas á diáspora mexicana, da que formaron parte tamén o cineasta Carlos Velo, o editor Alexandre Finisterre, o profesor Luís Soto, o arquitecto Xosé Caridad Mateo, o escultor Uxío Souto, Ramiro Isla Couto, Elixio Rodríguez, Xermán Rañó, Carlos Tomé ou o pintor Arturo Souto.


Todos estes compañeiros foron nomeados polo propio Florencio Delgado Gurriarán no discurso que pronunciou ao ser recibido como académico correspondente da RAG, nun acto celebrado no Barco de Valdeorras en 1981. Nesta intervención, recollida nunha edición especial dispoñible en academia.gal, o poeta lembra en primeira persoa comotivo que fuxir a México canda tantos outros que pensaban coma el, o seu agradecemento co país que acolleu tantos exiliados despois da guerra civil e tamén o labor que, xunto a outros paisanos, desenvolveu arredor do Padroado da Cultura Galega de México e de iniciativas como as revistas Saudade e Vieiros (1959-1968).


Con Florencio Delgado Gurriarán a RAG tamén visibiliza a fala de Valdeorras. Esta é o punto de partida do galego do autor, no que se deterá a directora da Sección de Lingua, Rosario Álvarez, que afondará na contribución do homenaxeado á construción dun modelo de galego supradialectal escrito moderno.




Da parte literaria ocuparase Xesús Alonso Montero, que xunto a Carlos Casares foi o primeiro académico en reivindicar un Día das Letras Galegas para Delgado Gurriarán a comezos deste século.


BIOGRAFÍA DO HOMENAXEADO


Florencio Manuel Delgado Gurriarán foi un escritor en lingua galega. Realizou estudos universitarios na Universidade de Valladolid, onde se licenciou en Dereito, pasando a exercer como avogado no Barco de Valdeorras. En 1933 ingresou no Partido Galeguista.


Tras estalar aGuerra Civil, logrou escapar da represión iniciada na comarca de Valdeorras polos sublevados en xullo de 1936, ata alcanzar O Porto, en Portugal, desde onde puido trasladarse a Bordeus (Francia) para chegar á Barcelona republicana en xaneiro de 1938. Nese mesmo ano accedeu á executiva do Partido Galeguista como Secretario de Propaganda.


Tras finalizar a Guerra Civil marchou ao exilio en México, país no que se estableceu definitivamente. Faleceu o 14 de maio de 1987 en Fair Oaks (Estados Unidos) aos 83 anos.


Na súa obra atopamos Bebedeira, poemario publicado en 1934; Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949), en colaboración con Plácido R. Castro e Lois Tobío Fernández; Galicia infinda, de 1963 e O soño do guieiro, de 1983.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo La Linterna de la Iglesia

La Linterna de la Iglesia

Irene Pozo

Escuchar
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar