Alba, neofalante de Vigo: "cambiar a falar galego foi un propósito de Aninovo"

¿Por que unha moza de 21 anos decide comezar a falar galego?

Alba Rodríguez falaba só castelán ata os 21 anos, cando deciciu cambiar ó galego

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A historia de Alba Rodríguez coa lingua é identica á de moitas mozas e mozos sobre todo dos entornos urbanos, inda que non exclusivamente: naceu en Vigo, filla de pais galegofalantes que deciden educar ós fillos en castelán, malia que entre eles continúen empregando a lingua propia. Resultado: a rapaza afaise a non usar nunca o galego. Asegura en Cope Santiago que "ata os 21 anos sempre falaba en castelán, mesmo nas clases de galego".

Sen embargo, algo lle proía por dentro: "molestábame ler as noticias sobre a diminución de galegofalantes e non facer nada". Ata que chegou o día. Logo de varios intentos, o definitivo foi hai catro anos, cando o seu propósito de aninovo foi cambiar.

Na casa apoiárona dende o primeiro momento: coas amizades, foi outro conto. Estrañoulles e mesmo tentaron ó primeiro que voltase ó castelán "é que ó comezo trabucábame todo o tempo e falaba moi lento... era complicado manter unha conversa comigo", explica Alba.

00:00
Ata os 21 anos, Alba falaba castelán ata nas clases de galego

-

Afrontar as dificultades dos primeiros momentos logo de ter decidido cambiar ó galego é unha das dúbidas que axuda a resolver o portal neofalantes.gal, unha ferramenta que veñen de poñer en marcha da man a Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia.

Entre os consellos, escoller un plan, que para uns será facer o cambio paseniñamente mentres outros, preferirán facelo dun día para outro; expoñerse o máximo á lingua, buscar entornos amigos (entre eles, as redes sociais) e, sobre todo, pasar dos prexuizos.

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Programas

Último boletín

10:00H | 29 JUN 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking