Mediodía COPE Galicia 23/05/2023 De luns a vernes á 13.05 horas

00:00

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Falamos con Óscar Cedrón, que xunto co sei irmán Ismael "e a nosa nai" levan adiante a empresa de apicultura Mel Casa da Torre, no concello lugués de Cervantes explotando o mel e todos os recursos de preto de 500 colmeas espalladas por esta zona da montaña de Galicia. E grazas a laboura dunhas abellas que se teñen convertido nas grandes estrelas dos vídeos que teñen millóns de visualizacións e milleiros de seguidores en redes sociais como TikTok ou Instagram.

Todo tras publicar hai uns anos un vídeo "que se viralizou na TikTok con mais de oito millóns de visualizacións, aínda que non me preguntes porque non sei cal é a clave do éxito".

Pero que lles permitiu pasar de apenas un cento de seguidores a decenas de miles grazas a uns audiovisuais nos que Óscar e Ismael explican cómo é o seu traballo cotián, dan consellos sobre a mellor forma de traballar a apicultura ou simplemente, reflexionan sobre "o privilexio de vivir e traballar nas montañas de Cervantes" e poder sacar adiante un proxecto no rural galego para o que non dubidan en recomendar "que se aproveite o tirón das redes sociais, que permiten poñer o foco no rural e dar a coñecer o teu producto en todo o mundo", permitindo ademais interactuar cos potenciais clientes e seguidores.

E logrando unha difusión "da que estaría moi orgulloso o meu pai falecido hai un ano", emociónase Óscar, "vendo e escoitando como se fala do seu Dumia natal e da súa xente e de poñer en valor a apicultura tradicional e o rural que el tanto quería e de ver como o seu mel, que sacaba xa cando era moi novo, chega agora a todos os rincóns do planeta"

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

4:00H | 13 FEB 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking