RIBADEO | El ayuntamiento organiza un curso preparatorio para el examen del CELGA 2. La solicitud debe presentarse antes del 8 de abril
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local sinalan que “o Concello vendo as necesidades das persoas que acoden ao servizo de Desenvolvemento Local, estimou oportuno facer a solicitude da celebración na vila do curso preparatorio para a obtención do CELGA 2 (certificado da lingua galega), e así aumentar as posibilidades dunha busca de emprego máis eficaz para os veciños/as. Feita a petición á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta resolveu conceder a financiación dun profesor/a que o imparta”. O curso comezará a impartirse neste mes e o exame do CELGA 2 celebrarase o 2 de xuño. A Concellaría de Desenvolvemento Local indica que “todos aqueles que se pre inscribiron para poder asistir ás clases deben de entregar en calquera dos rexistros de entrada habilitados aos efectos, antes do dia 8 de abril, a solicitude para poder examinarse, pagando a correspondente taxa. De non facelo así non poderán acudir ao exame de xuño que convoca a citada Consellería”. E tamén lles lembra que “a asistencia ao curso non implica o poder examinarse si antes non se fai a solicitude para acudir á proba”.