• Martes, 30 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

BNG y PP discrepan sobre el área sanitaria y sus derechos

El portavoz comarcal del BNG, Antonio Veiga, acucsa a Feijóo de poner en venta la sanidad mariñana e insiste en que la gerencia única limitará derechos sanitarios. Desde el PP aseguran que el área sanitaria comarcal no desaparece y se verá reforzada Los populares marínanos garantizan la continuidad de todos los servicios, unidades y consultas en el Hospital da Costa e incluso aseguran se incrementarán. Mientras en el BNG hablan de las políticas de recorte sanitario del PP “atentan contra la equidad, la igualdad y el equilibrio territorial”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 27 may 2017

O responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Antonio Veiga, acusa ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de liquidar os dereitos sanitarios dos mariñáns coa implantación da área de xestión integrada de Lugo que limitará o acceso aos servizos sanitarios e rachará coa calidade de vida das veciñas e veciños da Mariña que, ademais, deberán dedicar máis recursos económicos para poder ser atendidos. Veiga insiste en que “ninguén cun pouco de cordura pode negar que eliminar a área sanitaria da Mariña provocará máis problemas ca beneficios, aínda que a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, o presidente do Partido Popular de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, e o secretario provincial da formación, Xosé Manuel Balseiro, se empeñen en dicir o contrario. A xestión centralizada en Lugo dificultará o acceso aos servizos sanitarios a milleiros de lucenses, xa que as 70.000 persoas que ten asignadas o Hospital da Costa e os preto de 50.000 usuarias e usuarios do Hospital de Monforte, pasarán a ter como hospital de cabeceira o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) sito a 100 quilómetros de distancia para as veciñas e veciños da Mariña e uns 80 para os de Monforte.” Desde o Bloque aseguran que Feijóo converte a súas visitas á comarca en campionatos de dicir mentiras ou no seu defecto en campionatos do silencio. “Cada vez que ten un acto na Mariña éncheselle a boca prometendo a ampliación do Hospital da Costa e novos servizos que nunca chegan e asegurando que a área sanitaria non perderá autonomía para un tempo despois eliminala, pero tamén desairando aos profesionais sanitarios cos que se nega a falar porque non quere que lle recorden as consecuencias da súa nefasta xestión. No Partido Popular gobernan de costas ao pobo e protexidos polas forzas de seguridade.” Os nacionalistas entenden que a xerencia única impedirá os novos investimentos prometidos tanto para os centros de saúde como para os centro hospitalario, así como a implantación de novos servizos e especialidades e afirman que a sanidade da Mariña irase  desmantelando progresivamente. Para Veiga “só falla que Feijóo lle poña un cartel de ‘véndese’ ao Hospital da Costa. O Partido Popular segue a súa máxima particular de rachar co equilibrio territorial e que as veciñas e veciños das zonas limítrofes teñan cantos menos dereitos mellor. Tan grave é a xestión e a actitude do presidente da Xunta como o silencio cómplice que gardan os alcaldes da Mariña, que prefiren seguir ao seu líder que  reivindicar os dereitos dos mariñáns.” O responsábel comarcal lembra aos dirixentes populares que “recortar en sanidade é recortar en saúde como xa se está demostrando en países coma o Reino Unido onde a falla de atención por falla de persoal tras os recortes levados a cabo provocou importante neglixencias médicas que conduciron á morte de varios pacientes. Un goberno responsábel e comprometido co seu pobo debera ter como prioridade a promoción e garantía da saúde e, polo de agora, todas as medidas sanitarias aprobadas polos gobernos da Xunta e do Estado rachan coa equidade do nosos sistema sanitarios.”   Fronte as informacións que veñen de coñecerse nos últimos días e co obxecto de ofrecer unha explicación pública ao conxunto dos veciños para evitar confusións interesadas o Partido Popular comarcal quixo deixar claro que o novo modelo de xestión integrada que o SERGAS ten previsto poñer en marcha na provincia de Lugo: 1º Non suporá a desaparición da área sanitaria da Mariña, todo o contrario, esta mantense e verase reforzada O mapa sanitario da provincia de Lugo non cambia. Seguirá tendo tres áreas sanitarias (Lugo centro, Lugo Sur e A Mariña), polo que se manterán inalteradas, sen modificación algunha con respecto a actual. De feito o único que acontecerá con este modelo é que a área sanitaria da Mariña verase reforzada, xa que a área sanitaria da Mariña ampliará as súas competencias e xestionará tamén todo o relativo aos centros de saúde (atención primaria) desta comarca que ata o de agora dependían de Lugo. 2º O PP, todos os seus cargos públicos e responsables políticos garanten que o Hospital da Costa manterá todos os seus servizos, unidades e consultas e que incluso os incrementará. A área integrada lucense non suporá, en ningún caso, que se teñan que eliminar servizos nos hospitais como o da Costa. Ao contrario, moitos deles incluso poderán verse incrementados como é o caso das novas unidades de quimioterapia. O novo modelo de xestión integrada ten demostrado aí onde se aplica (Cee, no Barco, Valdeorras, Verín) que non só non se teñen eliminado ningún servizo ou unidade senón que ten ocorrido todo o contrario, se teñen abertos novos servizos e unidades sen necesidade de ter que trasladar aos pacientes á capital. En Cee e no Barco desprázanse aos hospitais comarcais especialistas de dixestivo a facer endoscopias. En Valdeorras púxose en marcha oncoloxía cos profesionais do CHOU e en Verín se están a realizar cataratas e próteses que antes só se facían en Ourense capital. Tamén o hospital da Costa contará con novos servizos. 3º O Partido Popular da Mariña ratifica o seu compromiso coa ampliación do hospital da Costa que se levará a cabo nesta lexislatura. Os populares ratificamos o compromiso anunciado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo: o proxecto do ampliación do Hospital da Costa que ten previsto licitarse este mes levarase adiante para gañar servizos e calidade asistencial, nunca para perdelos. Como é lóxico un hospital se amplía para melloralo, nunca para empeoralo e logo de 27 anos de que este centro comenzase a funcionar, resulta máis necesario que nunca. 4º A área de xestión integrada é unha estructura de coordinación dos tres hospitais lucenses, nunca restará servizos, nin capacidade de resolución, nin competencias A nova estrutura de xestión integrada reforzará ás áreas sanitarias lucenses, non as prexudicará. Non é certo que a xestión ou capacidade de decisión sobre os recursos do hospital se levará desde Lugo, xa que se mantén a figura dos xerentes executivos dos hospitais con incluso máis competencias . 5º A xerencia do Hospital da Costa continuará existindo terá baixo a súa responsabilidade tamén os centros de saúde O xerente executivo do Hospital da Costa terá baixo a súa responsabilidade non so o centro hospitalario senón tamén os centros de atención primaria (centros de saúde) polo que lonxe de perder capacidade de decisión será aínda maior. Ata o de agora este xerentes dependían do director de Asistencia Sanitaria do SERGAS en Santiago e agora o encargado de coordinalos será o xerente da área integrada provincial. Non hai retroceso, senón todo o contrario, un reforzo do seu papel como xestores.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar