• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

El BNG afirma que Portos de Galicia discrimina a Foz en servicios

Los nacionalistas apoyan a los usuarios de los pantalanes en el puerto de Foz en sus reivindicaciones y aplaude que se organicen para demandar una solución a la falta de calado, así como califican de “ineptitud e inoperante” tanto al alcalde como a la Xunta de Galicia

El BNG afirma que Portos de Galicia discrimina a Foz en servicios

El BNG afirma que Portos de Galicia discrimina a Foz en servicios

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

Hai que recordar que en varias ocasións o BNG de Foz denunciou o abuso que Portos de Galicia efectuaba coas tarifas para embarcacións que teñen o seu atraque nos distintos pantaláns dos portos de Foz. Incluso este tema foi levado ao Pleno da Corporación e ao Parlamento de Galiza caendo en saco roto. No porto de Foz, Portos de Galicia tiña desde sempre unha bonificación do 50% precisamente por non ter un calado igual ou menor a un metro. Desde o 2011, cando Feixoo gañou as eleccións e por motivos exclusivamente recadatorios, Portos deixa de aplicar estas bonificacións a pesar de que os servizos que Portos lles ofrece as embarcacións de Foz deixan moito que desexar (falta de auga e luz, falta de vixiancia, dragados incompletos, guindastres avariados sen amañar, cámaras de vixilancia non operativas, etc.) e non se equiparan nin por asomo aos doutros portos da Mariña. Segundo as declaracións de Lorena Seivane “a situación actual de falta de dragado é de emerxencia posto que incluso en mareas non moi grandes as lanchas quedan varadas completamente, sen poder polo tanto saír nin entrar durante toda a baixamar. Se, polo tanto, estas embarcacións non poden desenvolver a súa actividade durante bastantes horas do día non se entende como teñen que pagar como se todo estivera en condicións normais. Desgraciadamente, en Foz temos que pagar por servizos que non temos sen que os responsables da situación fagan nada para resolvela desde hai tempo a pesar das moitas promesas que se fixeron”. Neste sentido, a Responsable Local e candidata do BNG nas próximas eleccións municipais, Lorena Seivane García, insta a Portos a manter a bonificación ata que non se solucione o problema da falta de calado e urxe ao Alcalde a que se mova polos problemas reais dos veciños e veciñas de Foz e comprometese a levar o tema novamente ao Parlamento de Galiza para solucionalo definitivamente.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar