• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | Participan un total de 200 trabajadores

La Xunta invierte 1,7 millones de euros en talleres de empleo por la provincia

La delegada territorial, Raquel Arias, explicó que la Consellería de Trabajo y Bienestar acaba de poner en marcha ocho programas mixtos de formación y empleo en la provincia de Lugo, seis de ellos promovidos por la acción conjunta de varios ayuntamientos. Arias visitó a los alumnos del taller Faro Burela IV, que reciben formación en asistencia sociosanitaria en la Residencia de la Tercera Edad de la Xunta.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Un total de 200 traballadores desempregados de 22 concellos da provincia están a participar nos obradoiros de emprego que se desenvolven neste momento na provincia de Lugo. Así o explicou esta mañá a delegada territorial, Raquel Arias, quen detallou que a  Xunta de Galicia inviste 1.763.000 euros nos oito programas mixtos de formación e emprego recentemente postos en marcha na provincia, seis deles promovidos pola acción conxunta de varios concellos. A delegada, que visitou hoxe o obradoiro Faro de Burela IV, subliñou o destacado papel dos concellos como promotores dos obradoiros de emprego, “xa que é no ámbito local onde se atopan as maiores posibilidades de detección e aproveitamento dos novos viveiros de emprego susceptibles de xerar novos postos de traballo”. Así mesmo, destacou a vocación eminentemente práctica deste tipo de ensinanzas como “unha clara vantaxe de cara á inserción laboral” e puxo como exemplo o obradoiro burelés, “que imparte o 80% das horas de formación nas instalacións da Residencia da Terceira Idade da localidade”, dependente tamén da Xunta de Galicia. No proxecto de Burela estanse a formar 15 persoas sen emprego no ámbito da asistencia sociosanitaria. Raquel Arias lembrou que a Consellería de Traballo e Benestar inviste 132.250 euros nesta iniciativa, que permitirá reorientar o itinerario laboral dos participantes “cara a unha ocupación con proxección de futuro, como é a atención sociosanitaria no fogar a personas maiores ou dependentes”. “O contacto directo cos usuarios –afirmou Arias- cualifica aos alumnos para exercer como asistentes sociosanitarios no fogar tan pronto como remate o obradoiro, xa que adquiren non só os coñecementos senón tamén as habilidades necesarias para traballar”. A delegada  sinalou ademais que esta filosofía de “aprender traballando” permite “unha mellor adaptación aos requirimentos específicos da realidade do noso mercado laboral”. A delegada, que estivo acompañada polo alcalde de Burela, José María González Barcia, visitou aos participantes no Centro de Formación Ocupacional do concello, que un día á semana acolle as clases teóricas. No obradoiro traballan tres persoas, un administrador e dous monitores -un traballador social e unha enfermeira- que acompañan aos alumnos tamén nas clases prácticas na residencia. González Barcia valorou como “moi positiva” a concesión da subvención para este proxecto por parte da Xunta de Galicia, “pola oportunidade que representa para os participantes de optar a un novo campo laboral  e porque contribúe a atender as necesidades dos cidadáns do concello”. Os obradoiros de emprego están dirixidos a traballadores desempregados de 25 ou máis anos de idade, que reciben formación ao tempo que adquiren experiencia laboral mediante un contrato de traballo de seis meses de duración. Arias incidiu en que estes proxectos ofrecen “unha formación profesional para o emprego acreditable, ao mesmo tempo que se realiza un traballo real e produtivo”, e lembrou que reportan aos participantes un certificado que, en determinados casos, “poderá ser validado polo certificado de profesionalidade”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar