Os populares verteron estas declaracións en relación á sanción interposta pola Xefatura Provincial de Tráfico, con data 27 de febreiro de 2013, contra o Concello de Mondoñedo por circular cun vehículo cuxos neumáticos non presentan debuxo nas ranuras principais da banda de rodamento. O PP de Mondoñedo lamenta que este proceder lle supuxera aos veciños da localidade unha sanción de 200 euros, ademais de alertar da temeridade e da inseguridade que supoñen este tipo de accións. Explican os populares que o desgoberno e pouco control no día a día, por parte do equipo de goberno, deriva nestas irresponsabilidades Asemade, dende o PP esíxenlle ao rexedor local que explique de maneira detallada o destino dos 4.700 euros facturados en concepto de subministro de rodas en agosto do ano 2012, aínda que recoñecen que a factura non detallaba que rodas se mercaran e os populares ignoran o destino Os populares denunciaran no seu momento, a compra de rodas en talleres de fora do municipio, sen solicitar previamente orzamento nos negocios municipais. Unha actitude que os populares tachaban de “lamentable” e recordábanlle a Orlando González que a economía local precisa axuda e polo tanto, os negocios do municipio, “deben ter como mínimo a oportunidade de ofertar os seus produtos”. Agora, ademais de mostrar “despreocupación” pola economía local e non procurar contratos no municipio, o rexedor local provócalle ao Concello “gastos que deben asumir todos os mindonienses e que poderían ser perfectamente evitables”.