• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Solicitan una subvención paera la puesta en maercha de un plan global contra el abandono escolar

Un programa que implic a los jóvenes de distintas edades y que incluye numerosas medidas de apoyo, motivación y formación

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O Concello de Cervo vén de solicitar unha subvención por importe de 10.000 euros á Consellería de Educación para a posta en marcha dun plan global para a redución do abandono escolar. Trátase dun programa que inclúe numerosas iniciativas de distinta natureza, todas elas dirixidas a fomentar e mellorar a formación da mocidade e que inclúe accións específicas segundo os grupos de idade. En concreto, o Concello pretende poñer ao dispor dos estudantes e das súas familias un conxunto de iniciativas que comezan coa información dos recursos dispoñibles a través de distintas vías, como páxinas web, blogs e medios de comunicación. Ademais, no caso dos alumnos de 3º e 4º de ESO e PCPI, as accións van encamiñadas a atallar o fracaso escolar e aumentar o esforzo e a competencia a través de talleres de apoio para acadar os resultados académicos necesarios, así como motivalos para continuar a súa formación. Xunto ás actividades colectivas, tamén se incluirá atención individualizada. En canto ao grupo de 16 a 24 anos, as actuacións van dirixidas a mozos que abandonaron o sistema educativo sen ter formación regrada rematada. Por iso as medidas tamén son diferentes e neste caso pretenden ofrecer formación, regrada ou non, que permita á mocidade incorporarse ao mercado laboral, e os anime a continuar a súa capacitación. Neste caso inclúense obradoiros motivadores e participativos con temáticas como a reciclaxe, a ecoloxía ou o comercio. Ao mesmo tempo, tamén hai un programa dedicado ás familias, no que se pretende implicar na educación a pais, nais, titores e demais membros da unidade familiar. A edil Pilar Armada, explicou que se trata dun “plan de actuación moi completo, xa que contempla todos os casos posibles e pon o foco nas idades con máis risco, ofrecendo medidas prácticas para frear o abandono e o fracaso escolar”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE