También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

RIBADEO | Los vecinos de Ribadeo ya pueden solicitar cita previa para hacer la declaración de la renta en el Ayuntamiento

O alcalde, Fernando Suárez, subliña que se trata dun servizo moi apreciado e demandado polos ribadenses e asegura que o equipo de goberno quere seguir achegando a administración á veciñanza. O rexedor sinalou que “agora que estamos inmersos neste debate sobre se as administracións se deben achegar aos cidadáns ou se deben afastar desde logo apostamos sempre pola primeira vía e facémolo con exemplos. De aí que volvamos ter o servizo da declaración da renda aquí en Ribadeo para esta campaña de 2012, que a partir deste vindeiro luns ás 9 da mañá xa os veciños e veciñas de Ribadeo que o precisen poderán pedir cita, como estes últimos anos, tanto presencial como por vía telefónica para reservar vez para que con este acordo que temos entre o Concello e a Axencia Tributaria de Lugo poida vir un funcionario competente a axudar e a asesorar para a realización da declaración da renda”. Fernando Suárez lembrou que “realmente isto está pensado basicamente para xente con declaracións que non sexan demasiado complexas, que non teñan máis dun arrendamento, que non teñan ingresos de máis de 60.000 euros e en todo caso as novas instrucións que temos con respecto a outros anos é que xente que o ano pasado pediu cita, ocupou o espazo doutra persoa e que logo non acudiu a realizar a declaración non se lle vai poder dar cita para esta campaña que empeza para o luns que vén”. Para o alcalde ribadense “isto é un exemplo de como se pretende dende o Concello seguir achegando servizos aos veciños. E aínda que agora, a día de hoxe, cada vez máis xente nova a través de internet xa pode facer a declaración da renda sen ningún problema segue existindo moita xente maior, que está desconectada das novas tecnoloxías e que non teñen esa capacidade, pero desde o Concello lle seguimos ofrecendo este servizo”. Suárez Barcia quixo “felicitar publicamente, darlle os parabéns aos responsables da administración tributaria de Lugo por permitir o desprazamento deste funcionario que vén aquí sistematicamente desde hai moitos anos. Trátase dun servizo moi querido, moi demandado polos veciños e veciñas de Ribadeo. O número de citas é limitado e polo tanto eu pídolles expresamente a todos os veciños que teñan certo sentidiño e pídolles solidariedade. Desde logo non se vai atender para que unha persoa pida por el e por tres ou catro veciños e amigos máis, senón que cada persoa terá que vir expresamente demandalo, porque se trata de que as citas limitadas que existen cheguen ao mellor número de persoas posibles”. 

Lo más visto