• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

La privatización de los servicios de mantenimiento en el Hospital da Costa está generando graves consecuencias

Según denuncian desde CIG-Salud los incumplimientos en el pliego de condiciones han provocado la suspensión de citas para pruebas diagnósticas y, a día de hoy, todavía no está acreditada la cualificación del personal de la empresa para manipular y reparar aparatos de alta tecnología. Desde CIG-Salud rechazan toda privatización del patrimonio sanitario que el PP está a realizar con el único fin de “enriquecer a empresas amigas”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A CIG-Saúde A Mariña denuncia o incumprimento sistemático do prego de condicións por parte da empresa Ibérica de Mantenimiento S.A, que dende xuño do ano pasado se encarga do mantemento dos equipos de Electromedicina do Hospital da Costa. A empresa, denuncia a Federación, non cubre o servizo as 24 horas, carece de medios materiais, incumpre os prazos para a reparación e substitución de equipos e non ten a disposición do SERGAS os equipos ofertados para substituír en caso de avaría. Ademais, advirten do “escurantismo” sobre a cualificación profesional das traballadoras e traballadores desta empresa adxudicataria. “A día de hoxe non está acreditada a cualificación profesional deste persoal para manipular e reparar aparatos de alta tecnoloxía (diálise, radioloxía, laboratorio, endoscopias, respiradores,…)”, aseveran. De confirmarse esta situación, “suporía unha grave irresponsabilidade por parte do SERGAS, polas consecuencias de risco para a saúde dos usuarios/as da sanidade pública da Mariña”. Retirada de citas para probas diagnósticas A CIG-Saúde apunta que mesmo dende a Xerencia Executiva do Hospital da Costa se recoñece verbalmente o incumprimento de máis do 50% do prego de condicións. Isto deu lugar a retirada de citas  para realizar diversas probas diagnósticas -como endoscopias ou mamografías- dada a incapacidade da empresa adxudicataria para arranxar os citados equipos,  “o que deriva nunha diminución  da calidade asistencial sendo os mariñaos e mariñás os/as principais prexudicados/as”. Privatizar para beneficiar empresas afíns A central nacionalista denuncia que o coa privatización do servizo de mantemento “desmantelouse un servizo público que funcionaba perfectamente, con custes reducidos, profesionais moi cualificados, con experiencia e unha calidade na asistencia inmellorábel”. Por iso, CIG Saúde A Mariña rexeita enerxicamente toda privatización do patrimonio sanitario público do noso país “tendo claro que as privatizacións non teñen como obxectivo a mellora dos servizos nin o aforro económico, senón o afán do goberno do PP por privatizar a sanidade pública e enriquecer  a empresas amigas, pondo a crise como escusa”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar