• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Está en juego la calidad asistencial sanitaria

La Plataforma Sanitaria convoca una concentración para el sábado en Burela

Desde la Plataforma en Defensa de la Sanidad Pública consideran fundamental el apoyo de la población mariñana, a la concentración del sábado en Burela, para evitar un mayor deterioro de la sanidad pública que corre un grave  peligro si llega a aprobarse un decreto de gestióniontegrada de ámbito provincial.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

Representantes da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña da que fan parte colectivos sociais, de doentes e organizacións sindicais e políticas compareceron para facer un chamamento á sociedade mariñá a participar na concentración prevista o próximo sábado ás 12:00 na Praza da Mariña de Burela para proclamar o seu rexeitamento aos anuncios da Consellaría de Sanidade sobre a creación dunha área de xestión integradas que faría desaparecer a capacidade de xestión autónoma da actual área sanitaria norte con hospital de referencia no Hospital da Costa de Burela. A Plataforma ademais anunciou a intención das plataformas na defensa da sanidade de Monforte, Lugo e A Mariña de promover no conxunto dos concellos da provincia mocións de apoio ás súas demandas, coincidentes no caso das de Monforte e Á Mariña e que no caso da de Lugo pasan por implantar no HULA os servizos de hemodinámica, medicina nuclear e radioterapia. Chamamento á sociedade mariñá para participar na defensa da autonomía sanitaria da Mariña e o cumprimento dos compromisos adquiridos polo goberno da Xunta coa comarca. Dende a Plataforma consideraron fundamental o apoio da poboación mariñá para evitar un maior deterioro da sanidade pública que corre grave perigo si chega aprobarse un decreto de xestión integrada de ámbito provincial, indican que “A Mariña conta con todos os parámetros necesarios para contar cunha Área Xestión Integrada propia polo que piden á Consellaría de Sanidade marcha atrás nas súas pretensións”, aínda que non oficiais a falta de publicación do decreto, oficiosas polos numerosos datos xa coñecidos de que o SERGAS camiña nesa dirección. Reforzando o argumento sobre os efectos da aplicación dunha área de xestión integrada provincial advertiron do perigo que esta medida pon en perigo o mantemento do servizo de neonatos de Burela podendo darse o caso de que os recén nacidos sexan derivados a Lugo e as nais queden en Burela,así como a pervivencia da UCI tal como funciona na actualidade. Na comparecencia pública puntualizaron que o chamamento faise ao conxunto da sociedade, ao marxe de siglas políticas, pero deixaron claro que a quen lle toca tomar decisións é aos representantes do Partido Popular que xestionan e sustentan o goberno da Xunta. Neste sentido cualificaron de “indignante” que representantes deste partido non teñan reparos en dicir que a Xunta está comprometida coa ampliación de Hospital da Costa ao tempo que eliminan calquera posibilidade de ampliación votando en contra de emendas aos orzamentos da Xunta para 2013 que pretendían ampliar a irrisoria cantidade de 50.000 euros que contemplan estes orzamentos. Nesta liña consideraron lamentábel que se pretenda seguir enganando á sociedade mariñá ao continuar facendo promesas sobre ampliacións virtuais dun hospital saturado e con continuas situacións de colapso polo que advertiron que con cinco promesas do Presidente Feijoo chega, o que a Mariña precisa son realidades. Advertiron que a concentración do día dous en Burela non é o fin do camiño, “é un chanzo mais nos xa mais de dous anos de traballo na defensa da sanidade pública e que de momento xa conseguiu frear coa mobilización social de 2010 a aplicación dun decreto que naquel momento xa parecía inminente”. Non estamos dispostos e dispostas, matizaron, “que en nome da doutrina austericida se apliquen medidas de privatización dun servizo sanitario que é patrimonio de tod@s e non se pode entregar á mercantilización”. As tres plataformas na defensa da sanidade pública de Lugo promoverán iniciativas no conxunto dos concellos da Provincia. Na rolda de prensa aproveitaron para anunciar que as Plataformas na Defensa da Sanidade Pública de Monforte, Lugo e A Mariña acordaron promover no conxunto dos concellos da provincia moción de apoio ás súas demandas que no caso das da Mariña e Monforte son coincidentes no mantemento da autonomía de xestión fronte a un decreto de xestión integrada de carácter provincial así como maior investimento nos servizos sanitarios primarios e especializados en ambas áreas de saúde; na iniciativa demandarase os servizos de radioterapia, hemodinámica e medicina nuclear para o HULA porque non podemos seguir permitindo que un hospital da características deste non conte con estes servizos que aforrarían á poboación desprazamentos innecesarios e inhumanos a outros hospitais da comunidade.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE