También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Foz |

El PGOM podrá esta expuesto al público este verano y en dos años aprobado

El alcalde de Foz, JJ Castiñeira, se muestra optimista y prevée que en dos años pueda estar aprobado definitivamente el nuevo PGOM. Así lo ha manifestado después de la reunión de la comisión de seguimento en la que explicó que el POL no impedirá el desarrollo de los núcleos rurales
  • cope.es
  • cope.es

Na tarde noite de onte reuniuse a comisión de seguimento do PXOM, xuntanza na que o rexedor municipal explicou que o Plan de Ordenación do Litoral (POL) non suporá un obstáculo para o desenvolvemento dos núcleos rurais aos que afecta. Javier Castiñeira explicou esta mañá o tratado na tarde noite de onte durante a xuntanza da comisión de seguimento do plan xeral de ordenación municipal, que está constituída por unha vintena de persoas, representantes dos grupos de traballo veciñais e responsables políticos, reunión na que informou “dos avances que se están levando a cabo respecto a plan xeral de Foz” e manifestou que “o obxectivo de ter para primeiros do verán un documento en exposición pública sigue adiante”. O alcalde tamén deu a coñecer que, xunto cos redactores do plan e os técnicos do Concello, mantiveron unha xuntanza cos técnicos do POL “para formular as nosas dúbidas e as nosas solucións con respecto á zona do litoral e os núcleos urbanos que están afectados polo POL e a verdade é que esa reunión foi bastante satisfactoria porque os redactores do Plan do Litoral entenderon perfectamente as inquedanzas do goberno municipal e do equipo redactor do plan xeral e en principio o POL non vai ser ningún impedimento para desenvolver os núcleos rurais, concretamente os máis afectados, que poderían ser Cangas, Nois, Fazouro, Forxán, Vilaronte  e propio núcleo urbano de Foz. Eses núcleos rurais no seu momento foron aceptados como zonas exentas do cumprimento do POL e polo tanto o grupo de goberno nese sentido está encantado de que o Plan de Ordenación do Local non sexa ningún obstáculo hoxe en día para sacar adiante eses núcleos rurais. E polo que respecta as zonas do núcleo urbano máis afectadas, que eran as de Tras As Torres e de Fondós, aí queremos desenvolver dous plans parciais, para o que en principio tampouco habería maior impedimento. Son as dúas zonas máis interesantes para a expansión do pobo”.   O rexedor municipal engadiu que “todo isto tratamos de explicarllo aos membros da comisión, que é bastante grande e representativa, e en pouco tempo darase resposta ás alegacións presentadas no seu momento. Os avances son importantes e o obxectivo é tratar de sacar para o próximo verán un documento en exposición ao público, unha vez que o decida o pleno, e a partir de aí os propios veciños poderán velo e presentar as súas alegacións en caso de que non estean de acordo”. Castiñeira lembrou que o proceso para elaborar un novo plan urbanístico “estaba parado dende o ano 2009 e o que pretende o equipo de goberno, como dixemos sempre, é reactivar o plan xeral e no prazo de máis ou menos 2 anos ter xa o documento aprobado definitivamente. Ese é o obxectivo e para iso está traballando o goberno municipal, que xa fixo a contratación novamente dese plan xeral aos redactores anteriores; retómase en gran parte o documento que había e estase intentando adaptalo ás novas normativas que hai no ano 2013 e, por suposto, unha delas é o Plan do Litoral, que eu creo que podemos solucionar perfectamente”.

Lo más visto