También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Burela |

La pavimentación del Camiño dos Cotos a Ril tiene un presupoeusto de 22.000 euros

El ayuntamiento de Burela efectuará esta obra, incluida en el POS de 2012, a principios de verano; al alcalde, José María González Barcia, señala que “se beneficia de esta obra cualquier persona que pase por aquí de cuando en vez”. Se trata de una obra con cierta polémica denunciada por el PSOE  por salir beneficiado de la misma el concejal de obras.

O Concello de Burela vén de adxudicar mediante decreto do alcalde, José María González Barcia, a obra de pavimentación  do camiño dos Cotos a Ril, incluída no Plano de Obras e Servizos do presente ano 2012. González Barcia manifestou que “o presuposto é de 22.705 euros, e ten un prazo de execución de tres meses; a nosa intención é efectuala a principios do verán, para poder ter máis garantías de mellor tempo”. O alcalde indicou que “este vial está incluído como necesario na enquisa de equipamentos municipais, e polo tanto encaixa perfectamente nas obras que se inclúen nos POS”.  González Barcia tamén manifestou que “a obra vai supoñer un beneficio para moitas persoas que usan diariamente este vial, e mesmo para aqueles que o empregan ocasionalmente, para andar, para cruzar en coche desde a Casilla á estrada que vai a San Cibrao, etc.” O alcalde burelés lembrou que “a Deputación sacou o POS de 2012 practicamente a finais de ano, xusto ao contrario do que fixeron as outras deputacións galegas, que o aprobaron en prazo, é dicir, pola primavera; ese foi o motivo de que levemos case un ano de retraso na execución desta obra. Espero que a Deputación de Lugo sexa máis áxil este ano na tramitación do POS”.

Lo más visto