• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

LOURENZÁ | La Consellería de Medio Ambiente garantizará la conservación del salmón con la suelta de 1.000 ejemplares en el río Masma

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, comeza o vindeiro 6 de marzo os traballos de repoboación de salmóns no río Masma. Este traballos atópanse dentro das soltas realizadas ao longo do ano durante as estacións de inverno, primavera e outono. Xa no 2012 soltáronse 75.000 exemplares de salmón atlántico para repoboar os ríos da Mariña Lucense, entre os que se encontraba o Masma, xunto ao Landro, Ouro e Eo. A repoboación realizarase en catro puntos do río e comezará na área recreativa de A Cazola, no Concello de Lourenzá. O segundo lote soltarase no Coto de Celeiro, na zona do Pozo do Capitán (Concello de Barreiros), e o terceiro entre a presa de Celeiro e a ponte de Rexa/Barreiros. Para rematar, na zona de augas arriba da ponte de Barreiros realizarase o carto e último lote. Os técnicos da Xunta repoboarán cada un destes puntos con 250 exemplares, que suman unha solta total de 1.000 salmón xuvenís (pre-esguín). Estes peixes son fillos de adultos reprodutores capturados no río Eo en anos anteriores, e criados na Piscifactoría de O Veral (Lugo) propiedade da Xunta de Galicia. Os salmóns en fase pre-esguín caracterízanse por ter un tamaño de 15 a 20 cm. de lonxitude e o seu peso é sempre inferior aos 100gr/ud. Estes exemplares van a iniciar en pouco tempo as súas adaptacións morfolóxicas e fisiolóxicas para a migración ao mar, e sóltanse nas zonas baixas dos ríos porque favorecen o proceso migratorio. Recuperación do salmón nos ríos galegos Dende a Consellería de Medio Ambiente estanse a tomar medidas de control de acordo coa necesidade de traballar na conservación do salmón, a través das repoboacións e o bo mantemento do estado ecolóxico dos ríos. Conscientes da problemática pola que atravesa esta especie, a consellería dirixida por Agustín Hernández, continuará coas actuacións de apoio ás poboacións salvaxes de salmóns mediante repoboacións anuais, como se leva facendo desde mediados dos anos 90.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar