También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo |

Los socialistas agradecen que el Día del Jubilado se celebre en el municipio

El gobierno local, con esta decisión, demuestra que tiene en cuenta la propuesta del Grupo  Socialista en el 2012 para que se realizasen todos los actos y actividades dentro del propio ayuntamiento, colaborando así a beneficiar a las empresas locales.
  • cope.es
  • cope.es

Os socialistas de Cervo amosan a súa satisfacción ó coñecer a noticia de que este ano o Día do Xubilado se volve a celebrar no municipio, “agradecemos que o equipo de goberno tivera en conta a proposta socialista do ano pasado, pois considerábamos un gasto excesivo desprazar a tódolos participantes a un concello veciño e unha pena que os beneficios que esta festa pode ofrecer á hostelería e comercio local fosen para outros”. Este ano a celebración volverá a ter lugar nunha carpa instalada na Praza dos Campos de San Ciprián, os membros do Grupo Municipal Socialista subliñan que “o goberno cervense rectificou o seu erro e con esta decisión amosan que hai un ano non nos quixeron dar a razón”. Afirman que “este día suporá un esforzo presupostario moi grande para as arcas municipais tendo en conta a situación económica que atravesamos, de facer este esforzo que os beneficios recaian no noso concello. Hai que pensar que esta festa repercute moito na economía local, o comercio e a hostelería, pola que o goberno parecía esquecerse o pasado ano”. Dende o PSOE de Cervo confirman a súa asistencia ós actos e aseguran que “sabemos que moitos veciños estarán de acordo en privarse de gastos innecesarios e que prefiren quedar no concello e dar vida e actividade ó noso pobo. Porque o que realmente é importante é facer unha homenaxe ós xubilados e que a xente disfrute dun día en compañía dos seus maiores”.

Lo más visto