• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros | Por unanimidad se aprobó una moción del BNG

Los presupuestos del 2013 garantizan todos los servicios que presta el Ayuntamiento

El presupuesto aprobado por la corporación barreirense asciende a 5,8 millones de euros, donde incluyen una partida de 2,5 millones  para la realización de diversas infraestructuras enmarcadas en el convenio firmado a tres bandas Xunta, Diputación y Ayuntamiento. Según el alcalde, Alfonso Fuente, garantizan todos los servicios que en la actualidad prestan desde el ayuntamiento e hizo saber que no están por la labor de privatizar servicios

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

No pleno dábase conta da renuncia a acta do concelleiro José Rojo, presentada hai uns meses. O rexedor sinalou que “se fixo mención ao traballo que leva feito neste Concello á fronte da Delegación de Economía e o seu reflexo queda aí na liquidación do exercicio do 2012, no cal se pasou dunha tendencia de pechar en negativo, sempre cunha cantidade deficitaria, e este ano cerrouse xa con superávit. Quero dicir que as medidas que el propuxo sempre desde a Concellería de Economía foron dando o seu resultado e aí está o reflexo”. O lugar de Rojo  na Comisión Especial de Contas ocuparao José Manuel Gómez Puente, e como representante na Mancomunidade de Municipios da Mariña entra Lorenzo Penabad. Na sesión plenaria tamén se deu conta do informe de seguimento do plan de axuste, “que se cumpriu sen ningún problema no exercicio 2012 e aprobouse o orzamento municipal para este ano 2013, que se eleva a 5.800.000 euros. Pero, ben entendido e así o deixaba saber xa neste pleno, que desa cantidade 2,5 millóns son os que o Concello xa aporta no presuposto para as obras de infraestruturas motivadas polo convenio coa Xunta de Galicia e coa Deputación Provincial. Polo tanto é un presuposto que se vai quedar en torno aos 3.300.000 euros, para servizos e para bens municipais, e sigue na liña doutros anos. Baixouse tamén porcentualmente o gasto en persoal e fíxose saber que nós non estamos na liña de privatizar servizos. Evidentemente ese porcentaxe no apartado de persoal é alto e é baixo no de gatos en servizos correntes. Si privatizáramos subiría o de gastos en servizos correntes e baixaría o de persoal. É evidente que os servizos hai que se seguir prestándoos, sexa directamente ou de forma privada”, seguiu a relatar Alfonso Fuente. O alcalde barreirense subliñou que “é un orzamento que sigue garantindo todos os servizos do Concello: os servizos sociais, a asistencia aos veciños. Creo que nestes momentos seguir mantendo o nivel presupostario é bastante importante”. Tamén onte se aprobou a ordenanza que regula a apertura de establecementos coa que se simplifican os trámites aos interesados en abrir negocios en Barreiros. Preferentes No pleno celebrado no Concello de Barreiros abordouse unha moción que presentou a plataforma de afectados polas participacións preferentes e subordinadas. O rexedor explicou que “neste caso aquí os que presentaban a moción non estaban presentes. Desde o goberno municipal do Partido Popular estábamos de acordo con todos os puntos excepto con un, que pedía a xustiza gratuíta para todos aqueles que quixeran ir a un proceso xudicial. Nós deixamos constancia na acta do pleno que só nos opoñiamos a ese punto e ademais propoñiamos que nese punto a xustiza non fose gratuíta para todos senón que se fixera unha táboa porcentual. Quere isto dicir que nosoutros o que diciamos é que si unha persoa ten unha cantidade pequena que necesita para vivir e que a ten aí retida en participacións preferentes, esa persoa teña dereito á xustiza gratuíta. O que non entendiamos é que unha persoa poida ter 100.000 ou 200.000 euros en participacións preferentes e aínda encima poida optar á xustiza gratuíta. Non nos parecía lóxico se o seu patrimonio o desprazou a participacións preferentes. Tamén entendiamos que podía ser que tivera aí o seu patrimonio de forma fraudulenta porque ao mellor non foi informado, pero evidentemente no momento que o recupere, é nós estamos a favor de que recuperen o cen por cen e de que siga o arbitraxe, o que non entendemos é que poidan ter dereito á xustiza gratuíta. Pero como non se podía modificar a moción foi votada en contra”. Sogama funciona Fuente Parga tamén se referiu á moción presentada polo BNG sobre a xestión ecolóxica e sustentable do lixo, “nós aquí cremos que o sistema de Sogama está a funcionar, e no pleno expuxemos uns datos que nos parece importante destacar. Si ben o consumo de vidro baixou nun 10% aquí en Barreiros pasamos a recoller 26 kilos por habitante e ano no 2012, cando antes estabamos en 20 kilos. Iso foi grazas a aquela recollida porta a porta que tantas críticas suscitou por parte da oposición, sobre todo do PSOE, cando distribuímos aqueles sacos polas casas para recoller o vidro. Os datos de Barreiros están por enriba da media galega e da media española por habitante e ano que se sitúa en 13 e 11 kilos respectivamente”.O alcalde felicitou “a todos os veciños de Barreiros, que están a separar o vidro e que non o botan na bolsa negra, senón que se recolle de xeito selectivo. Tamén se está a facer ben a recollida de plásticos e tamén moi ben no que se refire aos aceites usados. En Barreiros temos unha ecoplanta que abarata os custes da recollida e que non está a causar problemas aos veciños. En Barreiros estivemos a facer compostaxe doméstica, que está a funcionar moi ben, e que si podemos ampliaremos a máis fogares, e por iso esa moción do BNG foi rexeitada polo equipo de goberno”. Por unanimidade aprobouse outra moción presentada polo BNG en defensa do servizo de salvamento marítimo da Xunta, “nós esta fin de semana sufrimos o accidente dun veciño noso, eu son un dos que defendo os servizos públicos coma este, e os concellos de costa estamos moi supeditados a que en calquera momento poidamos precisar deses helicópteros e dese servizo de salvamento”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar