También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Burela |

La licencia de obra de Fernández Valle se ajusta a la legalidad

El equipo de gobierno local aseguró que l alicencia del concejal, Manuel Fernández Valle, se ajusta a la legalidad y el edil tiene pago todas las tasas e impuestos correspondientes por la su concesión. Así responden a la denuncia del PSOE sobre si estaba caducada del 2010. El alcalde, José María González Barcia, que compareció ante los medios, pregunta si la concejal del grupo socialista, Remedios López, hizo lo mismo con la obras realizadas en un piso del que es copropietaria.

O alcalde burelés, José María González Barcia, e case a totalidade de concelleiros do PP compareceron hoxe en rolda de prensa para desmentir ó PSOE sobre a licenza de obra do edil Manuel Fernández Valle, explicar cal é a situación e ó mesmo tempo cuestionar a forma de actuar dos socialistas. O goberno burelés manifestou que “esta comparecencia é un exercicio de transparencia ante a cidadanía, que se merece todas as explicacións e tamén se merece saber algunhas cousas que non nos afectan a nós, senón aos que usan a mentira e a difamación como forma habitual de facer política”. O equipo de goberno burelés asegurou que a licenza de obra de Fernández Valle axústase totalmente á legalidade: “Manuel Fernández Valle ten unha licenza concedida o 9 de febreiro de 2007, solicitou prórroga en xaneiro de 2010, e foille concedida o 25 dese mes e ano, polo que o PSOE minte cando di que a licenza está caducada desde 2010. A licenza está totalmente viva e é válida, porque non se iniciou ningún expediente de caducidade da mesma”. O goberno burelés explica que “as licenzas de obra están vivas mentres non se inician os expedientes de caducidade”. Segundo o equipo de goberno, sobre este asunto, existe un informe de Secretaría no que di textualmente o seguinte: Reiterada xurisprudencia ven confirmando (sentenza do Tribunal Supremo de 12 de maio de 1989, entre outras) que a caducidade das licenzas nunca opera de maneira automática, pois requírese un acto declarativo xa que tal caducidade ven a truncar unha situación favorable para o administrado, non creada pola licenza, senón preexistente en él, como titular potencial de un dereito subxectivo “o ius edificandi” (sentenza do Tribunal Supremo de 24 de xaneiro de 1985).  O propio informe de Secetaría, “que é absolutamente válido para este caso e para outros”, e engade que “esta necesidade de declaración formal expresa sen que opere de forma automática polo simple trancurso do tempo, require unha valoración previa dos feitos e circunstancias concorrentes en expediente instruído ao efecto con cumprimento de determinados requisitos (sentenza do Tribunal Supremo de 24 de xullo de 1995). A aplicación da figura da caducidade debe de facerse con cautela e moderación e de ningún modo entender a súa aplicación automática (sentenza do Tribunal Supremo de 6 de outubro de 1987). En base ao anteriormente exposto, esta Secretaría entende que a licenza de obras concedida a Manuel Fernández Valle na Xunta de Goberno Local de data 9 de febreiro de 2007, devén plenamente vixente, xa que non consta declaración de caducidade por órgano competente ao respecto”. Segundo o goberno burelés, “atendendo ó informe de Secretaría, non hai nada irregular e moito menos ilegal no caso desta licenza. Non hai intención deste equipo de goberno de facer nada que contraveña as distintas xurisprudencias que se recollen no informe de Secretaría. A licenza do señor Fernández Valle cumpre a lei, este veciño pagou relixiosamente os impostos e taxas que lle correspondían tanto no momento de concesión da licenza como no momento de concesión da prórroga, e polo tanto non hai moito máis que falar”. O alcalde, José María González Barcia, afirmou que “o veciño Fernández Valle ten o mesmo trato ca calquera outro cidadán de Burela; a señora López Villar debería sabelo, e debería saber que desde o día 1 de xaneiro de 1995 o número de expedientes de caducidade de licenzas abertos de oficio polo Concello é igual a cero, como cero é o número de expedientes similares abertos no antigo Concello de Cervo desde 1987 hasta 1995. Se os socialistas pretenden que se inicien estes expedientes, que o digan, e que digan a quen; os posuidores de licenzas en vigor poden empezar a estar moi preocupados con esta postura dos socialistas”. González Barcia engadiu que “hai unha cuestión de responsabilidade ante a cidadanía, porque o veciño Fernández Valle cumpriu rigorosamente pagando as taxas e impostos que lle correspondían. ¿Pode a señora López Villar dicir o mesmo? Non vaia ser que a señora López Villar deixara de pagar o que lle correspondía, porque fixo obras de remodelación nun piso do que é copropietaria e todo apunta a que fixo as obras sen licenza; se así fora, a señora López Villar tería defraudado á facenda municipal e polo tanto ós veciños deste concello, e ademais esas obras serían ilegais. Polo tanto, eu pídolle publicamente que aclare estas cuestións que lle afectan a ela directamente, e logo continuaremos falando. Pero se non se explica con claridade, debe irse para a súa casa”. O alcalde tamén afirmou que “habendo un informe de Secretaría que obra en poder da señora López Villar, resulta sospeitoso que non fagan mención a el, e cando o fan resulta que len de forma mecánica pero non saben interpretar o que len”. Barcia entregou unha copia do informe ós medios de comunicación. González Barcia foi moi claro no que respecta á credibilidade dos asinantes da nota socialista: “algúns persoeiros do PSOE burelés non están moi lexitimados para dar leccións. A señora López Villar, como se ve, puidera ser unha delas. Pero Ramiro Fernández Rey semella que tampouco pode dar leccións. Este señor foi condenado a través dunha sentencia do Xulgado de Instrucción nº 1 de Viveiro de data 8 de novembro de 2012 no xuízo de faltas 396/2012; sentencia que foi ratificada con carácter firme pola Audiencia Provincial de Lugo de 14 de febreiro deste ano, e foi condenado como autor responsable de una falta de coacciones tipificada en el artículo 620 del Código Penal, xunto con outras dúas persoas. E foi condenado no exercicio dunha actividade pública, non privada. Cada quen que saque as súas conclusións, dado que son a señora López Villar e o señor Fernández Rey os que asinan a nota do PSOE. Se eu pertencera ó PSOE, estaría realmente preocupado ó ver quen dirixe o partido en Burela”. Finalmente, o alcalde manifestou que “por suposto, o señor Fernández Valle non vai dimitir polo que ande dicindo o PSOE. Un PSOE que está demostrando que lle vale a mentira, a insidia e a difamación para facer política, cando resulta que son eles os primeiros que non están lexitimados para dicir nada; así lles vai, e así lles irá”.

Lo más visto