• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Las mujeres de la comarca ocupan el 67% de los cargos directivos de los centros públicos de primaria y el 45% de secundaria

CIG-Ensino ha elaborado un estudio de la presencia de las mujeres en los cargos directivos en centros de enseñanza de toda Galicia. Los datos de dicho estudio dejan ver que la ocupación de cargos directivos por parte de las mujeres “no se corresponde con el nivel de representación que tienen en la enseñanza pública no universitaria, que es claramente mayoritaria”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

No ensino primario hai 12.985 docentes que son de xénero feminino (que representa o 81,45%) fronte a 2.957 homes, pero só son directoras o 55%, unha desproporción desmesurada. No ensino secundario son directoras o 36% fronte ao 64% de homes a pesar de que hai 8.872 mulleres (o 58,7%) e 6.231 homes. Respecto a outros cargos directivos á parte da dirección comprobamos que as mulleres ocupan o 76% dos cargos en primaria e o 53% en secundaria. Na Mariña neste curso hai un total de 949 docentes dos que 647 son mulleres (que representa o 68%) e 302 son homes (o 32%). A porcentaxe de mulleres docentes é maior en Primaria que en Secundaria. En Primaria hai 321 mulleres que están dando clases por 71 homes, mentres en Secundaria son 326 mulleres por 231 homes. En porcentaxes, o 81% do profesorado de primaria da Mariña son mulleres e o 58% do de Secundaria. A pesares destas porcentaxes de xénero é significativo que só o 67% dos cargos directivos dos centros de primaria son desempeñados por mulleres e só o 45% en Secundaria. Se observamos os diferentes cargos directivos vemos que hai unha desproporción entre os cargos directivos que ocupan as mulleres e o que elas representan en números globais. Así, ocupan o cargo de dirección dos centros de primaria 13 mulleres por 11 homes e sen embargo en secundaria son 5 mulleres as directoras por 10 homes. Se fora proporcional ao número total de docentes tería que haber sobre 19 mulleres no cargo de dirección por 5 homes en primaria e sobre 8 mulleres por 7 homes en secundaria. Sen embargo, obsérvase que é máis proporcional a relación noutros cargos. Existen en primaria 13 mulleres que son Xefas de Estudo por 3 homes e 13 mulleres que son Secretarias por 6 homes. En secundaria, son Vicedirectoras 5 mulleres por 6 homes, ocupan a Xefatura de Estudos 7 mulleres por 8 homes e a secretaría 9 mulleres por 6 homes. De todos estes datos podemos concluír que existe un desaxuste entre o número de docentes de xénero feminino e a súa presenza en cargos directivos nos centros de ensino da Mariña, o mesmo que ocorre a nivel de toda Galiza. No estudo realizado tamén se observa que os cargos subordinados ou secundarios desde o punto de vista do organigrama educativo (secretarías, xefaturas de estudos ou vicedireccións) son ocupados maioritariamente por mulleres (segregación vertical), perpetuándose os estereotipos sociais dos roles e modelos femininos tradicionais. Para a CIG-Ensino está nas mans da Administración, e no caso que nos ocupa nas mans da Consellaría de Educación, poñer límites a esta situación de discriminación e desigualdade e actuar dun xeito responsable neste eido, facilitando entre o profesorado a conciliación da vida familiar e laboral, ademais de pór en marcha o Plan de Igualdade aprobado polo Parlamento que non se está efectivizando.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar