• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | La Diputación impartirá mañana dos cursos de nuevas tecnologías en Forxán

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

Por iniciativa da Deputación de Lugo o venres, día 27 de xuño, impartiranse en Forxán (Foz)  dous cursos sobre novas tecnoloxías para maiores de 55 anos. A cada curso correspóndelle unha acción formativa. Este venres desenvolveranse dúas accións formativas prácticas de cinco horas de duración cada unha. As persoas interesadas poderán elixir entre:  (1) A realización de aprender a utilizar eficazmente os buscadores en internet ou (2) A aprender a comunicarse por e-mail, correo electrónico. En cada un dos cursos tamén se comentarán e se realizarán o maior número posible de actividades e recursos relacionados coas novas tecnoloxías, como usar Internet para aprender, comprar ou pedir cita no médico; aprender a empregar o móbil e as cámaras dixitais, ou mellorar a memoria e a coordinación coas TIC .   A participación nestes cursos foi solicitada por un colectivo veciñal do barrio de Forxán e impartirase na antiga escola do lugar en horario de tarde, (de cinco a nove).  A Deputación organiza esta programación destinada ás persoas maiores do Concello de Foz para  contribuír na  mellora da súa calidade de vida, aumentar a  súa autonomía e mellorar as súas capacidades cognitivas e funcionais. Deste xeito, as TIC axudan a corrixir as posibles desigualdades sociais. Estes cursos e obradoiros,  que son gratuítos,  están financiados nun 80% con Fondos Europeos. E intención da Deputación ofertar estas accións formativas en outros concellos da Mariña si hai demanda.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar