También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Foz | Cine, charlas y teatro son algunas de las propuestas de la concejalía de cultura focense para el mes de octubre

Cine, teatro e charlas son algunhas das propostas da Concellería de Cultura, que dirixe Silvia Blach, para as vindeiras semanas. Cinema no cenima Mañá, 15 de outubro, ás 20:30 horas volve o Cinema no Cenima coa proxección da película Guillaume e os rapaces, á mesa, unha comedia francesa de Guillaume Gallienne. O prezo das entradas é de 3 euros e a taquilla abrirá ás oito da tarde. Os máis pequenos da casa tamén gozarán de Cinema no Cenima o 25 de outubro ás 18:30 horas. Ese día poderán ver O pequeno mago, un filme de animación para o público familiar. Sipnose: uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só 9 anos, pero armado dunha maxia sorprendente, logra que os malvados guerreiros fuxan espavorecidos… O prezo da entrada será de 3 euros. A Maruxaina e outras sereas Por outra banda, este venres, 16 de outubro, ás 10:30 horas no IES de Foz inícianse as actividades enmarcadas dentro do programa da exposición que se está a exhibir no Cenima durante o mes de outubro A Maruxaina e outras sereas. O venres haberá un relatorio sobre a Relación entre saúde e elementos utilizados na fabricación de recipientes de cerámica, a cargo de Otero Regal. O 23 de outubro ás 20 horas no propio Cenima proxectarase o audiovisual Auga, terra e lume, de Otero Regal. Unha proxección da que gozarán os escolares durante toda a mañá. O día 30 ás oito da tarde no Cenima haberá outro relatorio e proxección sobre Sereas e faros, a cargo de Pablo Mosquera (médico e escritor) e Paco Rivas (poeta). E o 31 outubro ás 13.00 horas no Cenima de Foz será a clausura exposición de A Maruxaina e outras Sereas. Teatro para adultos O 29 de outubro ás 21 horas a Casa da Cultura acollerá a representación da obra de Cándido Pazó As do peixe, que protagonizan Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro e Rocío González. O prezo das entrada será de 3 euros.

Lo más visto