También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

FOZ | El cenima acogerá a partir del viernes 15 de marzo una exposición de la pintora Aina Noguera, actividad organizada por la concejalía de cultura focense.

  • cope.es
  • cope.es

BalancEO poderá verse na sala de exposicións do Cenima en horario de 9 a 15 horas de luns a sábado. E durante a Semana Santa, tamén de luns a sábado, de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas. A inauguración será o día 15, venres, ás oito da tarde. Aina Noguera naceu en Palma de Mallorca en 1974, estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona e no ano 2002 veu vivir a Galicia. Reside en Cervo nunha casa de pedra con cheminea fumeante. De entre as paredas desta casa xurde un espazo-tempo onde Aina Noguera traza un camiño paralelo de cor expresivo, viaxeiro e soñador. A pintora mallorquina xa realizou exposicións coa súa obra en varias vilas da Mariña luguesa e do Occidente asturiano como Cervo, Burela, Viveiro, San Cibrao, Ribadeo, Mondoñedo ou Castropol, ademais de Cedeira, Castro Caldelas e Vilanova dos Infantes.

Lo más visto