• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

Fernando Suárez continúa enviando cartas, ahora a Feijoo

El alcalde ribadense ha enviado una carta al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, después de conocerse que la Playa de Las Catedrales fue elegida como una de las siete maravillas naturales de España. Suárez Barcia sigue empeñado en coordinar las actuaciones que permitan garantizar la preservación de Las Catedrales; por eso en la carta a Feijoo, pide un encuentro entre ambos mandatarios. El alcalde critica el silencio de las administraciones autonómica y española, pero se  olvida de la provincial y de la local.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

Suárez Barcia critica o silencio que escoitan as súas propostas por parte das administracións autonómica e estatal. O rexedor dixo que “o que sen dúbida é un motivo de orgullo e de alegría para todos os veciños deste concello por ter unha das praias máis importantes, máis coñecidas e máis bonitas do mundo como é o areal das Catedrais ou de Augas Santas, que é como lle chamamos aquí, e que é recoñecido día tras día por diferentes medios de comunicación do país, do Estado, a nivel internacional e a onde cada vez ven máis xente”. Suárez Barcia considera que “no lado oposto a todo isto está o silencio cómplice, a displicencia con que as diferentes administracións con responsabilidades neste entorno, como a Xunta de Galicia ou o Ministerio de Medio Ambiente, non están en absoluto atendendo ás múltiples e cordiais chamadas que desde o Concello estamos a facer para complementar, para dialogar, para intentar facer actuacións mínimas de impacto e de inversión, pero que garantan que esta praia siga a ser un lugar de referencia e que non acabe morrendo de éxito e de masificación, que é o que todo apunta que vai acontecer en breve”. O alcalde de Ribadeo explicou que “si ben en semana santa enviarámoslle unha misiva ao presidente da Xunta e outra ao ministro de Medio Ambiente e Medio Rural para buscar un diálogo, a día de hoxe non tivemos nin siquera unha contestación formal, escrita ou verbal. De aí que, aproveitando a selección da praia das Catedrais coma unha das marabillas naturais do Estado por unha coñecida compañía aseguradora, a través das redes sociais e do voto de ducias de milleiros e milleiros de internautas, hoxe mesmo veño de enviarlle unha nova comunicación ao presidente da Xunta para convidalo a que se reúna conmigo para falar de tu a tu, abertamente e ao mesmo nivel, para garantir que esta marabilla natural non sexa algo do pasado, senón que pode ter futuro e que entre todos busquemos medidas de conciliación, medidas que permitan que todo o mundo a poida visitar, pero medidas que impidan que se estrague”. Suárez Barcia subliñou que “o que estamos pedindo é diálogo para abordar e resolver os problemas e que a nosa sociedade, a nosa economía e o noso país saian reforzados aproveitando os noso recursos”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE