• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | La VI Feria de Ganado organizada por Cabaleiros do Xunco repartirá más de 1.300 euros en premios

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O Concello de Cervo e a asociación Cabaleiros do Xunco deron a coñecer o cartel e o programa da VI Feira do Gando que se celebra o día 5 de maio na Venta “O Guioncho” e que nos últimos anos converteuse nunha cita habitual que congrega a numeroso público interesado en mercar e vender gando ou en participar nas diversas actividades e carreiras de cuadrúpedes. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Zona Rural, José Ramón Soto, o presidente de Cabaleiros do Xunco, Julián Otero e o vicepresidente e tesoureiro, Abelardo Lestegás, presentaron os detalles deste encontro, que arrincará ás 8:00 horas coa exposición do gando para a súa compravenda. A partir dese momento tamén se realizará a inscrición para as distintas actividades preparadas co gando, prazo que remata ás 12:00 horas. Destaca a oferta de lecer para os máis pequenos, que teñen a posibilidade de dar paseos en carro de cabalos e de montura gratuítos de 11:30 a 12:30 e de 15:00 a 16:00 horas. A partir das 17:00 horas arrincará a marcha de trotóns para cabalos, ás 18:00 horas dará comezo a carreira de cabalos cruzados e do país e ás 19:00 horas a carreira de burros. Unhas competicións para as que hai previstos premios en metálico para os tres primeiros clasificados en cada categoría. Ao mesmo tempo tamén haberá premios para o maior número de cabezas equinas e de vacún así como o mellor exemplar equino e tenreiro. Deste xeito repartiranse máis de 1.000 euros en premios, aos que hai que sumarlles os 300 que recibirá o agraciado no sorteo no que participarán todas as persoas que mercasen as rifas que se venderán durante a xornada.   O edil de Zona Rural asegurou que esta iniciativa, que xa vai pola súa sexta edición “naceu do traballo da asociación Cabaleiros do Xunco que tiña como obxectivo recuperar a antiga feira de gando que se celebraba en Cervo hai anos, polo que se trataba de retomar e de converter en habitual una cita tradicional que se perdera e que foi revivida con moito éxito grazas a esta entidade”. O Concello de Cervo colabora activamente nesta feira así como a Deputación.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar