También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Viveiro |

El BNG solicita la convocatoria de un pleno extraordinario urgente para tratar la situación de la empresa municipal "Aparcamientos A Mariña"

El portavoz del BNG, Bernardo Fraga, ha asegurado que la situación de los trabajadores es insostenible, llevan 3 meses sin cobrar, y la única respuesta que les aporta el gobierno municipal es “que están en el limbo”
  • cope.es
  • cope.es

O BNG de Viveiro, presentó esta mañá unha solicitude formal ao Alcalde de Viveiro, para que convoque de forma urxente un Pleno Extraordinario, para tratar a situación de “Aparcamientos A Mariña” e dos seus traballadores. Así mesmo, solicita a documentación existente para o coñecemento de todos os grupos políticos, correspondente ao cese do administrador xudicial, a situación xurídica actual da empresa, e os documentos das xestións realizadas por este Concello, a fin de solucionar esta situación. Bernardo Fraga, Portavoz Municipal do BNG, declarou na mañá de hoxe “a situación dos traballadores de Aparcamientos A Mariña, é insostible, levan tres meses sen cobrar, e ninguén pon solucións riba da mesa. O Goberno Municipal non é capaz de abordar esta situación, e os traballadores atópanse indefensos, ante unha situación da que non son culpables, e que deriva da pésima xestión económica do concello nos últimos anos” Os representantes do BNG, que se reuniron na tarde de onte cos traballadores da empresa,  denuncian ademais que o Alcalde nin sequera se reuniu cos traballadores. A única resposta que tiveron, foi da Concelleira de Facenda, indicándolles que se atopaban no limbo, e que só se pode esperar. O BNG de Viveiro, afirma que non é o momento de esperar senón de actuar, o Alcalde de Viveiro, debe dirixirse ao Xulgado e a SGAE urxindo a solucionar este problema dunha vez. Así mesmo, engadiron, que é precisa unha revisión urxente, das tarifas do aparcamento, posto que coa subida do ive ao 21%, que realizou o goberno estatal, o aparcamento conta cada vez con menos usuarios.   

Lo más visto