• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | Culminará con la asamblea del 17 de marzo en Santiago

El BNG recoge propuestas para enriquecer el proceso de reflexión interno

Este tipo de reuniones abiertas se desarrollan en las distintas localidades, enmarcadas dentro del programa #proponconnosco que el BNG promueve entre su base social. Desde el Consejo Local en Burela valoran muy positivamente la reunión que han celebrado, donde les han aportado numerosos e interesantes ideas, contribuyendo a enriquecer el debate y a dinamizar el proceso de reflexión abierto en la organización.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Por outra banda, no que se refire á política institucional, o BNG de Burela, cualifica como “despótica e autoritaria” a actuación do Sr. Alcalde no último pleno municipal celebrado o pasado xoves. O Sr. Barcia demostrou unha vez máis que antepón os intereses do seu partido aos intereses e necesidades reais dos veciños e veciñas de Burela, como quedou de manifesto no rexeitamento de todas e cada unha das mocións presentadas polo Grupo Municipal do BNG. Ao PP de Burela parece importarlle pouco ou nada a seguridade dos nosos traballadores e traballadoras do mar, aínda que recoñeceu “un problema puntual” no caso da percebeira de Noia, falecida polo retraso dos servizos de salvamento marítimo, servizo que era de titularidade pública e que a Xunta de Galiza ven de adxudicar a unha empresa privada, que ademais cobrará aos mariñeiros polos servizos realizados. O Sr. Barcia tamén recoñeceu que “neste momento non se conta con pilotos formados para realizar labores de salvamento”. Para o BNG, a perda de vidas humanas non é “un problema puntual”, é algo moi serio e que desgraciadamente coñecemos moi de preto en Burela, polo que imos seguir a demandar uns servizos de salvamento públicos, eficaces e gratuítos para minimizar no posible os grandes riscos que implica o traballo no mar. O PP de Burela tampouco foi capaz de asumir a proposta presentada pola Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas da Mariña, rachando co consenso acadado noutros concellos da Mariña, moitos deles gobernados tamén polo PP. O Sr. Alcalde, non contento con rexeitar esta proposta, presentou unha moción do seu propio partido como “proposta de alcaldía”, o que demostra que ou ben non distingue entre cargo orgánico e cargo institucional, ou ben esquece que é o alcalde de todos e todas, e non só dos votantes do PP. O grupo municipal do BNG defendeu a moción proposta pola Plataforma, para que se continúen as arbitraxes ao ritmo que se estaban facendo até as eleccións galegas, para que non se impoñan as quitas e se devolvan o 100% dos cartos investidos. Tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento de Galiza, o BNG ten reclamado a impugnación do decreto que permite “expropiar” os cartos das preferentes. Tal e como ten manifestado o Bloque desde as diferentes tribunas públicas e institucionais, non é de recibo a saída que se lle dá a este colectivo, a de impoñer unha quita que pode chegar até o 70 por cento dos cartos investidos e abonar o resto en forma de accións, accións que no caso dos que subscribiron as preferentes coas antigas caixas galegas non poderán vender porque Nova Galicia Banco está intervida. O Sr. Barcia tampouco se mostrou moi dialogante nas preguntas realizadas pola portavoz do BNG, Neves Cando, e non quixo aclarar os motivos das viaxes polas que pasou 7.286 € en dietas desde xaneiro a novembro de 2012. Sabemos que foi a Madrid facer unha foto coa ministra Ana Pastor, mais aínda non sabemos que xestións fixo nesa reunión nin que beneficios acadou para Burela. O grupo municipal do BNG xa ten formulado preguntas neste sentido ao Sr. Alcalde, incluso por escrito, sen que este teña dado ningunha resposta ate o momento. Aínda que no pasado pleno o Sr. Alcalde xa nos deixou claro que vai contestar “se lle dá a gana”. Esta é a actitude do Alcalde, unha actitude “soberbia, prepotente e despótica”, antepoñendo sempre os seus intereses partidistas aos da maioría dos veciños e veciñas. Desde o BNG de Burela continuaremos a demandar unha política que procure o benestar de todos os veciños e veciñas.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar