También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Foz |

El BNG lamenta que no se modificara el trazado de la Autovía Barreiros-San Cibrao a su paso por San Martiño

Los nacionalistas muestran su malestar delante de la resolución del Ministerio de Fomento por la que aprobó de forma definitiva el Estudio Informativo de la Autovía Barreiros-San Ciprián, publicada en el BOE del pasado 23 de febrero. El BNG critica que el Gobierno Municipal todavía no informará de la situacio ni a los grupos ni a los vecinos

Unha vez tido coñecemento desta resolución, da a impresión de que non se tiveron en conta algunha das alegacións que o BNG fixera ao trazado da Autovía ao seu paso polo termino municipal de Foz, sobre todo no que respecta ao cambio de trazado ao seu paso pola parroquia de San Martiño. O BNG fixera varias alegacións, todas elas moi razoables para que se tiveran en conta por parte do Ministerio de Fomento. A primeira delas facía referencia a que se alonxara o trazado do núcleo rural de Vilasindre, en Cangas, polo impacto negativo que tiña. Neste caso, se lle facemos  caso á Declaración de Impacto Ambiental de 25 de novembro de 2011, entendemos que o trazado vaise desprazar lixeiramente cara ao este, co que a afección sobre o núcleo rural sería menor. A segunda das alegacións do BNG, e sen dúbida a de máis transcendencia, propoñía que se viabilizara unha alternativa de trazado que non supuxera o impacto paisaxístico, visual e social tan grave que se produce sobre a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, xoia do prerománico galego, declarado Monumento por parte do Estado Español e Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galiza. O propio Ministerio admitiu desde un principio que “o impacto paisaxístico (causado especialmente polo viaduto e os desmontes) era “apreciable”, pero o certo é que tanto o Goberno Zapatero como o Goberno Rajoy non consideraron modificar o trazado. O único que se fixo foi facer algunhas pequenas modificacións para, segundo dicía na mencionada declaración de impacto ambiental, “unha correcta integración paisaxística da nova infraestrutura”. O BNG esixirá que se reconsidere a decisión proposta. Outra das alegacións do BNG que parece que si a tomaron en consideración foi a referida a afastar un pouco cara u oeste o trazado da área recreativa do Carme. Non temos información suficiente sobre se aceptaron outras alegacións como as referidas a aumentar o número de pantallas acústicas ou a respectar as vías de comunicación, manantiais e fontes existentes no Concello. O BNG solicitará, por todos estes motivos, toda a información precisa do documento aprobado e das alegacións rexeitadas e admitidas, así como unha valoración dos técnicos do Concello e dos redactores do Plan Xeral de Urbanismo que tamén participaran no seu momento nas alegacións do Concello de Foz ao trazado da Autovía. Ao mesmo tempo, instamos ao alcalde de Foz e ao Grupo de Goberno que faga unha valoración do proxecto aprobado e informe aos veciños e veciñas de cal será o trazado final e as afeccións máis salientables que terá sobre o noso concello.

Lo más visto