• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

Besteiro invita a las asociaciones a elaborar el 1º presupuesto participativo de una Diputación. Para el PP "un mero anuncio"

La portavoz popular, Elena Candia, pide al presidente que deje de utilizar los presupuestos y va a defender una moción, en el pleno provincial del próximo martes,  donde exige la creación de un plan de trabajo concreto “con fechas y actuaciones reales para la elaboración de dichas cuentas” José Ramón Gómez Besteiro anunció que el organismo provincial ha enviado más de 1.000 cartas a los colectivos de la provincia para cerrar el calendario de reuniones, donde escuchará sus propuestas El PP recuerda que este tema es otro de los “incumplimientos” de Besteiro, que anunció en el 2013 la elaboración de unos presupuestos participativos para el 2014, y un año después, propone la puesta en marcha de esta herramienta de participación ciudadana para los presupuestos del 2015

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou que a Deputación convidou a todas as asociacións da provincia ó proceso de elaboración do 1º Orzamento Participativo dun organismo provincial en España, que ten en marcha a de Lugo. Gómez Besteiro adiantou que se enviaron máis dun milleiro de cartas ós colectivos lucenses para pechar cos mesmos o calendario das reunións, que arrancarán de xeito inminente, nas que se escoitarán as súas propostas. O Presidente fixo este anuncio durante a inauguración do Seminario sobre o Goberno Aberto na provincia de Lugo, que se celebra no Pazo de San Marcos dende hoxe e ata o venres, e no que destacados profesionais no país abordan, precisamente, a implantación de políticas que incrementen a participación cidadá e a transparencia na xestión pública como, por exemplo, a creación de orzamentos participativos. “Para afondar na democracia é imprescindible insistir na transparencia, participación, acción da información ou na rendición de contas. A Deputación de Lugo non ten medo do resultado que derive dun goberno aberto, posto que só entende que, nos tempos que corren, para os cidadáns, e para nós, non é suficiente votar cada 4 anos, senón que queren, e teñen dereito, a ser partícipes na xestión do público día tras día. Por iso, o 2015 será o ano onde a de Lugo sexa a primeira Deputación en España en contar cun orzamento participativo. Estamos traballando nun proceso no que os veciños comparten connosco a responsabilidade de establecer as prioridades do gasto público”, destacou Gómez Besteiro.      A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, anunciou que o Grupo Provincial do Partido Popular levará ao pleno provincial do vindeiro martes unha moción onde pedirá a Gómez Besteiro que deixe de utilizar os orzamentos participativos como mero anuncio e os faga realidade. A popular lembrou o incumprimento de Gómez Besteiro, quen anunciou en febreiro de 2013 a elaboración duns orzamentos participativos para a anualidade 2014 e que un ano despois, e con este primeiro propósito sen cumprir, propón a posta en marcha desta ferramenta de participación cidadá para os presupostos de 2015. “A día de hoxe e xa no mes de xuño, non nos constan avances importantes neste senso e que permitan que os orzamentos do 2015 sexan unha verdadeira mostra de participación cidadá”- afirmou Candia, quen informou que o seu grupo pedirá a Besteiro a creación dun plan de traballo concreto, con datas e actuacións reais para a elaboración dos orzamentos participativos. A popular considera esencial a elaboración de orzamentos participativos, que permitan a participación dos cidadáns na xestión coa finalidade única de lograr unha maior transparencia, eficiencia e eficacia na xestión provincial; ao compartir entre representantes políticos, técnicos e veciños o debate sobre onde se vai gastar o diñeiro público. Porén, os populares urxirán á creacción dunha mesa de traballo que deseñe un proceso de participación cidadá para a elaboración dos orzamentos participativos de 2015, coa implicación de responsables políticos, persoal técnico, entidades, asociacións e cidadáns de xeito individual. Asemade, esixirán que se concreten as partidas orzamentarias que se poñen a debate para o proceso dos orzamentos participativos e o mecanismo que se seguirá  para o desenvolvemento deste proceso, tales coma: o calendario de reunións cos cidadáns e asociacións e de asembleas de propostas, espazos de comunicación social ou proceso de decisións. En paralelo ao deseño deste proceso, os populares pedirán tamén a Gómez Besteiro que a Deputación poña en marcha unha plataforma dixital pública, integrada na web da institución,  que reúna información sobre os orzamentos, toda a información relativa ao proceso consultivo, ferramentas de formulación e de discusión pública de propostas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar