• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Es para el desarrollo del servicio de teleasistencia domiciliaria

Ayuntamientos mariñanos firman un convenio de colaboración con la Diputación Provincial

Ambas administraciones cofinanciarán al 50% este servicio de asistencia domiciliaria donde el ente provincial aporta un 15% más que en el 2012. El vicepresidente del ente provincial, Antonio Veiga, fue el encargado de firmar el convenio con los ayuntamientos de Ribadeo, Riotorto, Mondoñedo, Pontenova y Vicedo; convenio que garantiza la prestación del servicio mientras que gobierno central y Xunta “renunciaron a sus responsabilidades”.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A Vicepresidencia da Deputación e os concellos da comarca da Mariña asinaron, esta mañá, no Museo do Mar, os convenios de colaboración polos que se comprometen ao desenvolvemento dun programa de Teleasistencia Domiciliaria que suplirá ao servizo que cofinanciaban o Goberno central e a institución provincial e que foi suprimido polo Estado tras a retirada, nos Orzamentos Xerais para 2013, da partida económica que o ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade dedicaba a este fin a través do IMSERSO. Mediante este convenio fíxanse as liñas de mantemento, desenvolvemento, coordinación, dirección, xestión, organización e funcionamento deste servizo que a Vicepresidencia da Deputación e os concellos se comprometen a cofinanciar ao 50 por cento para garantir a súa continuidade e que 344 usuarios e usuarias da Mariña, na súa maioría mulleres viúvas ou que viven soas e que superan os 80 anos de idade, poidan seguir vivindo no seu entorno habitual recibindo atención continuada durante todos os días do ano. O custe do servizo de Teleasistencia Domiciliaria en toda a provincia suporá un investimento de 336.000 euros anuais que asumirán ao 50 por cento a Vicepresidencia da Deputación, aportando 168.000 euros, un 15 por cento máis que o ano pasado, e os concellos, cuxa participación variará en función do número de usuarios e usuarias que teña cada municipio. O vicepresidente do ente provincial e responsábel da área de Benestar Social, Antonio Veiga, sinalou que “as administracións, no exercicio das súa competencias, deben promover toda clase de actividades para prestar cantos servizos contribúan a satisfacer as necesidades dos seus veciños e veciñas e, ao mesmo tempo, cumprir o principio de igualdade logrando uns mínimos niveis de calidade de vida”. “Nun contexto de crise como o actual –precisou o vicepresidente- é menester pór en marcha políticas públicas responsábeis apostando polo mantemento dos servizos públicos aplicando fórmulas innovadoras, eficaces e eficientes que permitan minimizar os custes, para o que a xestión compartida se configura como a única solución posíbel para continuar prestando servizos públicos”. Neste senso, Veiga sinalou que “fronte a abdicación de responsabilidades do Goberno do Estado, que decidiu unilateralmente e ofrecendo xustificacións arbitrarias suprimir a súa aportación económica á Teleasistencia Domiciliaria, e da Xunta de Galiza, que non respostou á petición do pleno da corporación provincial na que se lle instaba a asumir a porcentaxe que o Executivo central se nega a aportar, Vicepresidencia da Deputación e concellos están dando exemplo de colaboración e responsabilidade en torno a un obxectivo común de resposta ás necesidades dos lucenses, neste caso da comarca da Mariña”. Os convenios de colaboración asinados establecen a creación dunha comisión de seguimento formada por tres representantes da institución provincial e tres das entidades municipais elixidos por todos os concellos, para garantir o cumprimento do acordo e dar solución a todas as dúbidas que poidan xurdir durante a prestación do servizo.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar