También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Lourenzá |

El Ayuntamiento solicita 7 cursos para desempleados y firmará un convenio con Medio Ambiente para arreglar la Avenida de Soutelo

La comisión de gobierno del Ayuntameinto de Lourenzá aprobó la solicitud de siete cursos para desempleados y acordó iniciar el expediente par afirmar un convenio con la Consellería de Medio Ambiente para arreglar la Avenida de Soutelo, obra donde la Xunta de Galicia invertirá 60.500 euros.

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, explicou que os cursos para desempregados que solicita o Concello á Consellería de Traballo “son unha maneira de participar con esta xente que se atopa sen traballo e para que poida ampliar a súa formación. Pedimos, entre outros, cursos de electricista, xardinería, albanelería e atención socio sanitaria en entidades públicas”. O goberno local de Lourenzá acordou tamén iniciar os trámites para solicitarlle á Consellería de Presidencia que realice o estudo para o escudo que represente ao Concello de Lourenzá, “tal como quedaramos nunha xunta de portavoces”, lembrou a rexedora municipal. Ademais a comisión de goberno decidiu iniciar o expediente para a firma do convenio entre o Concello e a Consellería de Medio Ambiente para o arranxo do firme da avenida de Soutelo por un importe de 60.500 euros. “Isto é unha mostra do compromiso da Xunta de Galicia, e concretamente do conselleiro Agustín Hernández, froito da reunión que mantivemos o pasado 15 de febreiro”, comentou Emma Álvarez, quen tamén explicou que  obra que vai executar a Consellería de Medio Ambiente na avenida de Soutelo “facilitará o acceso ao Ceip, ao polideportivo, a Casa da Xuventude e ao punto de atención á infancia, ademais de aos núcleos de Soutelo e Alaxe”.  

Lo más visto