También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Alfoz | IpV plantea utilizar los fondos del canon eólico paera proyectos de creación de empleo y dinamización de la zona rural

  • cope.es
  • cope.es

Oxe xoves día 30 celébrase pleno ordinario pola corporación municipal de Alfoz. Os únicos puntos da orde do día son tres mocións do grupo Independente polo Val e a ordenanza da mancomunidade sobre o uso das vías públicas. Ipv presenta tres mocións, unha solicitando un axuste salarial para o alcalde; pedindo que adapte o soldo adecuandoo a proposta de proxecto de lei que realizou o PP para controlar os soldos dos alcaldes, o de Alfoz excede moito os 30.000 euros que se propoñen para concellos de entre 1500 e 5000 habitantes, e por riba tendo como atenuantes que a única promesa electoral que cumpliu foi a realización da gardería de Carballido, público é o despilfarro que supuxo. Igualmente IpV presenta outra moción para que o concello de Alfoz tome o acordó de solicitar a retirada da Lomce. Como terceira moción e máis importante, IpV presenta unha iniciativa para a realización dun proxecto de creación de emprego e posta en valor dos montes municipais, co diñeiro do fondo de compensación medioambiental que cobra o concello anualmente polo canon eólico. De forma que ese diñeiro repercuta na creación de emprego nuns tempos que tanto excasea ó tempo que se poña en valor e saque rendemento ó monte de propiedade municipal que está improductivo na actualidade.

Lo más visto