• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | Los conciertos didácticos del EMMeD ribadense runirá, el jueves 13 de junio, a más de 600 alumnos de cinco centros de enseñanza de Ribadeo, Trabada, Castropol y Tapia de Casariego, en el Auditorio Municipal

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Como vén sendo habitual no remate do ano académico, a Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo retoma os seus tradicionais concertos didácticos para escolas da comarca da Mariña e do Occidente astur. En total serán máis de 600 nenos e nenas de educación primaria as que se acheguen este xoves, 13 de xuño, ao auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo en sesión dobre (10 e 12 da mañá). Os centros escolares que participan este ano son o CPR Sagrado Corazón (Ribadeo), o CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo), o CEIP Celso Currás (Trabada), o CRA Tapia-Castropol (Figueiras, Castropol) e máis o CP Príncipe de Asturias (Tapia de Casariego). “Queremos achegar dun xeito lúdico e atractivo as diferentes especialidades instrumentais e de danza que se imparten no centro aos nenos e nenas de primaria, facerlles ver que pode ser un elemento máis na súa construcción como persoas”, sinala o director do centro, Hugo García Presno. No concerto actuarán agrupacións de vento-metal, a banda infantil do centro, a orquestra de cámara, unha agrupación de percusión, guitarras, piano e de música tradicional así como alumnas e alumnos de danza e ballet. García Presno amosa a súa satisfacción pola boa resposta deste tipo de concertos entre o alumnado dos centros de ensino: “para nós é un pracer ver como cada ano son os propios centros os que nos demandan a realización desta actividade como un complemento á súa formación regrada”. “Antes de cada actuación farase unha presentación de cada un dos instrumentos, pois interésanos que as nenas e nenos coñezan a historia dos mesmos e máis as súas características así como aspectos relativos á historia da obra e máis do tipo de formación que a interpreta”, concreta Hugo García Presno. A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo pechará o curso académico 2012/13 o vindeiro 22 de xuño co tradicional festival de fin de curso.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar