• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

La Plaza de Abastos deficitaria para el ayuntamiento a pesar de la modificación de la ordenanza reguladora

El pleno aprobó la modificación de la ordenanza reguladora de la tasa por servicio del mercado, pasando los vendedores del interior de la Plaza de Abastos a pagar por los metros cuadrados que ocupan sus puestos. El ayuntamiento intenta acercar la administración a los vecinos al adherirse a un convenio de colaboración con la agencia tributaria. El mal estado de la carretera paralela al Campo de Fútbol, de propiedad de la Diputación; fue uno de los temas puesto sobre la mesa del pleno pero sin llegar a tratarse. Solamente quedó en un ruego.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

O rexedor, Fernando Suárez, explicou que “os vendedores do interior da praza de abastos pagarán polos metros cadrados que ocupen os seus postos a partires de agora e non por posto”. Por outra banda, o Concello adherirase ao convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria e a FEMP en materia de intercambio de información tributaria e colaboración na xestión recadatoria coas entidades locais. O alcalde sinalou que “mentres outros están a distanciar a administración da cidadanía nós tentamos achegala e así evitarlles algúns desprazamentos innecesarios aos nosos veciños e veciñas a Foz”. Suárez Barcia referiuse á modificación da ordenanza que regula a taxa polo servizo da praza de abastos, “onde a partir de agora se cobrará por metro cadrado e non por posto, como sucedía ata o momento. Con isto vamos a unha maior xustiza e que pague máis quen máis metros cadrados ocupa no interior da praza de abastos”. O alcalde ribadense dixo que “non menos importante foi a adhesión a un convenio de colaboración entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Federación de Municipios y Provincias en materia de intercambio de información tributaria cos Concellos. É un convenio marco que está dende hai anos, pero o Concello de Ribadeo non estaba adherido, ninguén o pedira, e agora a nós parécenos importante, primeiro pola transmisión de datos entre o Concello e a Administración Tributaria moito máis fluída, pero ao mesmo tempo porque nos parece adecuado, precisamente nun momento no que outros están distanciando a administración dos veciños nós intentamos achegala. De tal xeito que agora, coa sinatura deste convenio, os veciños de Ribadeo en moitos casos poderán evitar ter que ir a Foz facer determinadas certificacións tributarias, xa que van poder facelas aquí no concello de Ribadeo. Son destas cousas que ás veces teñen pouco valor económico, pero si supoñen unha mellora nos servizos que prestamos os Concellos, que en definitiva somos as administracións máis achegadas aos veciños”. O equipo de goberno, o BNG, formulou unha moción sobre o mantemento do servizo de teleasistencia, que foi apoiada polo PSOE e por UPRI “e lamentablemente contou co voto en contra do PP, cuns argumentos absolutamente inmorais. Hai que recordar que o Ministerio de Sanidad y Política Social hai poucos meses deixou sen consignación presupostaria unha cantidade importantísima que sufragaba para costear os equipos de teleasistencia domiciliaria para esta xente maior que vive soa e que precisa ter un aparatiño de pulseira ou ben de colar por se acaso cae ou lle pasa algunha continxencia. E o ministerio do ramo, o que ten as competencias nisto, deixouno sen financiamento. Polo tanto desde hai moi pouco tempo a Deputación asumiu ampliar o custo e os Concellos, entre eles Ribadeo, tamén asumimos costear esa diferenza que o Ministerio deixou de propoñer”. Fernando Suárez Barcia engadiu que “nesta moción o que lle pedimos ao Ministerio é que dalgunha maneira reconduza esta situación e ao final contou co apoio de todos os grupos agás do PP, con frases que son para a historia como que ao Ministerio non lle é posible sufragar estes programas sociais e que non lle compete, cando leva máis de 20 anos financiándoos, ou que o que non vai facer o Goberno do Estado é comprometerse e despois deixar facturas no caixón. A min paréceme que o que tiña que facer o Ministerio e o Goberno do Estado é, por exemplo, non facer esas amnistías fiscais, que son vergoñentas, ou non facer toda esta política económica que nos está levando a unha situación de rebelión social e, en vez de recortarlle á xente maior que vive soa e á que non lle vai sufragar o servizo de teleasistencia, podería principiar por actuar para que todos os defraudadores pagaran o que teñen que pagar”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar