• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

MARIÑA | La Plataforma de Afectados Preferentes y Subordinadas hacen un llamamiento para que revisen sus contratos bancarios

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Dende a plataforma pensamos que estamos nunha situación moi delicada, na que vemos como vamos a perder parte do noso diñeiro e non temos ningunha garantía nestes momentos de recuperar o resto. E todo isto porque no seu día fomos enganados e estafados polas entidades bancarias e vímonos inmersos neste gran problema co que xa levamos uns cantos meses de loita continua para poder recuperar os nosos aforros. Dende a plataforma temos tamén coñecemento que moitos dos afectados están a recibir unas cartas dende o banco nas que se comunican ditos porcentaxes estimados de quita. A nosa sorpresa é a morea de chamadas que estamos recibindo de persoas que teñen obrigas subordinadas con vencemento e que pensaban que “non tiñan problema” e que agora , dende que reciben a carta, se dan conta que dende a plataforma tiñamos razón no que levamos dito e no que levamos insistindo durante todos estes meses. A maioría desta xente non ten reclamación presentada solicitando a arbitraxe e moitos están a facela nestes días ao enterarse, e porque dende a propia entidade lle lo aconsellan, segundo lle lo din agora puideron facelo no seu momento, pero daquela non interesaba e estaban calados e dicindo que non tiñamos razón. Despois de tantos meses, seguimos vendo como hai xente que nin sequera sabe o que ten contratado, vemos como dende o banco lles dicían que estivesen tranquilos que non había problema e agora danse conta de que os volveron a enganar e que xa non hai volta atrás. Temos a total certeza de que despois de isto o número de afectados irá aumentando día tras día. Unha vez máis dende esta plataforma queremos facer un chamamento a que revisen por favor os seus contratos bancarios, que se teñen algunha dúbida ou consulta que contacten con nos sen ningún problema, que lles proporcionaremos a máxima información posible, e moi importante, que non se fíen do que lles din no banco e non se confíen en que todo está ben. Dende a plataforma estamos traballando para facer unha reunión antes de final de mes para proporcionar a maior información posible sobre a quita, continuidade da vía arbitral, xustiza gratuíta e a vía xudicial. Manteremos os afectados informados da data e hora en canto teñamos toda esta información.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar