• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

La Diputación reparte 5 millones de euros entre ayuntamientos del PP

El Grupo Socialista denuncia esta situación que acaba de realizar el actual gobierno del ente provincial, al mismo tiempo que califica de “comisionista y caciquil” a la presidenta por hacer este reparto con la única excusa de que están a beneficiar a municipios que no han recibido subvenciones entre enero y junio. El viceportavoz socialista, Álvaro Santos, ha presentado documentación oficial y pública que demuestran sus manifestaciones.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 10 abr 2017

Álvaro Santos Ramos corroborou que Candia reparte 5 millóns de euros entre municipios gobernados polos popular tendo en conta a documentación oficial publicada na páxina web da Deputación, así como á que tivo acceso o PSOE no departamento provincial de Actas, información que foi facilitada polo propio Secretario da institución.

1.- Xunta de Goberno Extraordinaria de hoxe. Segundo a información á que tiveron acceso os socialistas, Candia aprobou 27 convenios, que son os que xa tentou aprobar na sesión ordinaria do venres pero que, finalmente, debido ás dúbidas dos propios técnicos provinciais, quedaron sobre a mesa. Estes suman un total de 3.482.109,81 euros, dos que a Deputación achega uns 2,9 millóns de euros. Os Concellos beneficiados, que aportan a cantidade restante, son todos do PP, agás Cervantes, que recibe a cantidade máis baixa con tan só 18.000 euros. 

Esta é a listaxe de convenios: Antas de Ulla: 154.011,05 euros; Begonte:  323.000 euros; Bóveda: 185.161,46 euros; Castro de Rei: 142.931,30 euros; Cervantes: 18.524,96 euros (é o único Concello de distinta cor política); Guntín: 284.802,35 euros; O Vicedo: 374.544,05 euros; Outeiro de Rei: 355.300 euros; Palas de Rei: 52.021,32 euros; Pantón: 43.463,48 euros; Pantón: 28.453,57 euros; Quiroga: 100.000 euros; Sober: 80.750 euros; Sober: 19.000 euros; Triacastela: 285.000 euros; Vilalba: 486.167,11 euros; Xove: 256.431,46 euros; Sober: 70.000 euros; Taboada: 26.000 euros; Pantón: 38.417,50 euros; Pantón: 17.356 euros; Pantón: 4.759,60 euros; Baleira: 4.759 euros; Sober: 61.006 euros; Barreiros: 13.249 euros; O Saviñao: 18.000 euros; e As Nogais: 39.000 euros

2.- Xunta de Goberno do 25 de setembro. Fóra da orde do día dos asuntos de urxencia, “é dicir, polo porta de atrás para tentar ocultar esta cacicada”, Candia aprobou 7 convenios por valor de 1.344.381,10 euros, todos con Concellos do PP. Esta é a listaxe: O Saviñao: 22.990 euros; Mondoñedo: 324.683 euros; Paradela: 106.436,95 euros; Riotorto: 61.750 euros; Portomarín: 55.957 euros e Baralla: 403.715.

PÓDESE COMPROBAR TODA A INFORMACIÓN NA SEGUINTE LIGAZÓN Á XUNTA DE GOBERNO DO 25 DE SETEMBRO http://bit.ly/1j69M1F

3.- Xunta de Goberno do 7 de agosto. Candia concedeu as súas primeiras subvencións como Presidenta da Deputación aos Concellos de Antas de Ulla e Foz por valor de 18.000 euros. PÓDESE COMPROBAR TODA A INFORMACIÓN NA SEGUINTE LIGAZÓN Á XUNTA DE GOBERNO DO 7 DE AGOSTO http://bit.ly/1QQhV4K

Candia pon escusa falsas para tentar camuflar a súa cacicada

“Por poñer os mesmos exemplos que puxo o propio Goberno de Candia nos recentes días. Na Xunta de Goberno do 22 de maio, Mondoñedo xa recibía axudas de máis de 55.600 euros, Baralla outra de 40.000 euros ou Riotorto outra de 150.000 euros. Ademais, o PP mentiu descaradamente, pois dixo que nesa sesión se acordaran subvencións para amigos de PSOE e BNG, cando se aprobaron axudas para a Asociación de Dano Cerebral (24.772 euros); Asociación Raiolas de Lugo (70.000 euros), Club Deportivo Burela Fútbol Sala (25.000 euros) ou para a Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta (24.300 euros), entre outras. PÓDESE COMPROBAR ISTO NA SEGUINTE LIGAZÓN Á XUNTA DE GOBERNO DO 22 DE MAIO http://bit.ly/1Oi163H

O Partido Popular tamén mentiu sobre a Xunta de Goberno do 15 de maio, sesión na que o Goberno de PSOE e BNG aprobou investimentos para Barreiros de 142.321 euros; Foz de 39.098 euros; O Vicedo de 90.942 euros; Antas de Ulla de 50.000 euros; ou Baralla de máis de 180.000 euros; así como axudas de 100.000 euros para FUDACE, entre outras. PÓDESE COMPROBAR TODA A INFORMACIÓN NA SEGUINTE LIGAZÓN Á XUNTA DE GOBERNO DO 15 DE MAIO http://bit.ly/1edRA2Z

Diferenzas

“A diferenza entre o Goberno de progreso de PSOE e BNG é que nós facemos Presupostos Participativos e o PP, dun xeito totalmente caciquil, nega aos veciños participar na elaboración das contas da institución porque prefire repartir os cartos públicos a dedo e entre os seus amigos. Outra diferenza. Mentres o Goberno de Besteiro deixou á Deputación con débeda cero, é dicir, sen ningunha carga financeira para a nova Corporación Provincial; o Goberno de Candia, en só tres meses, saquea ao organismo provincial e hipoteca o seu futuro presuposto”, engadiu o vicevoceiro.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar