HUELGA

"Intenten revalorizar los precios de la leche y regular los del gasóleo porque las cuentas no nos dan"

La presidenta de la Cooperativa Agraria de Forcarei lamenta el insostenible aumento de los precios de la luz, el gasóleo y los abonos

00:00

Entrevista a Rocío Corral, presidenta de Coafor

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, reafirmou hoxe o seu compromiso, apoio e canles permanentes de colaboración coa Cooperativa Agraria de Forcarei (Coafor) na visita realizada ás súas instalacións polo delegado territorial en Pontevedra, Luis López, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, que calificaron á entidade como “un dos motores do sector primario na provincia”.

Os dous representantes autonómicos reuníronse coa nova presidenta, Rocío Corral, que é a primeira muller que se pon ao fronte desta entidade agraria de Terra de Montes e trasladáronlle os parabéns, en nome do Goberno galego, por dirixir o Consello Reitor. “É un orgullo comprobar o bo funcionamento desta importante cooperativa, con peso específico e prestixio na bisbarra máis gandeira da provincia de Pontevedra, e tamén como ten socios con inquedanzas que garanten un relevo xeracional e incorporan á xente máis nova aos seus órganos de toma de decisión. Os mozos e mozas teñen que ser o futuro do noso campo e, no caso de Rocío Corral, ademais rompe outra barreira e visibiliza o papel fundamental e imprescindible das mulleres no sector”, manifestaron os dous membros do Goberno galego.

Luis López e José Balseiros coñeceron as instalacións de man da presidenta e doutros membros do Consello Reitor e tamén o estado dos moitos servizos que presta Coafor aos seus máis de cincuenta socios. Entre eles figuran a fabricación e comercialización de pensos e outros bens e servizos tendentes á mellora da actividade agrogandeira dos seus membros, a prestación de servizos técnicos, o taller de reparación, a subministración de alimentación animal, a atención como Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG), a venda e comercialización conxunta do leite a un comprador único a través dunha negociación colectiva e o alugueiro de maquinaria agrícola en réxime asociativo.

Precisamente, para a adquisición, renovación e mellora deste parque de maquinaria, conformado na actualidade por preto dunha trintena de aparellos, a cooperativa ten recibido ao longo dos últimos anos diversas achegas da Xunta de Galicia. En concreto, Coafor contou con axudas por preto de 230.000 euros no último lustro da Consellería do Medio Rural e a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ponorte, dependente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, para a compra de maquinaria e tamén para a modernización das súas instalacións, situadas á pé da estrada EP-7001 de acceso á localidade.

Polo demáis, José Balseiros informou aos representantes de Coafor das distintas liñas de axudas abertas pola Consellería do Medio Rural, da situación do prezo do leite, do estado das negociacións en diversos aspectos co Goberno central e de ordes de gran importancia para o sector como é a de plans de mellora nas explotacións agrarias, creación de empresas agropecuarias por parte de persoas mozas e desenvolvemento de pequenas explotacións. Precisamente, o prazo para solicitar estas achegas, que contan cun orzamento de 37,5 millóns de euros, vense de ampliar ata o vindeiro 11 de abril.

Escucha en directo

En Directo COPE PONTEVEDRA

COPE PONTEVEDRA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 16 MAY 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking