• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

A Catedral de San Martiño, máis de oito séculos de historia na cidade de Ourense

O templo sométese a distintas actuacións de conservación

Catedral de Ourense 1

Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense

Amelia GonzálezOURENSE

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 14:30

A Catedral de Ourense, situada no centro da cidade, data da segunda mitade do século XII e primeira mitade do século XIII, e seu altar maior foi consagrado en 1118. Ten honras de basílica dende 1887, foi declarada Monumento Nacional en 1931 e actualmente ten a consideración de Ben de Interese Cultural.

Catedral de Ourense 2

Catedral de Ourense



O templo principal de Ourense ocupa o espazo dunha primitiva basílica do período suevo, antiga catedral que xa estaba adicada á memoria de San Martiño de Tours. É de estrutura románica de transición, con influencias cistercienses e compostelanas. Ten planta de cruz latina e cabeceira de triple ábside, dos que tan só queda un, e no edificio mistúranse os estilos románico, gótico, renacentista, barroco e neoclásico.

Catedral de Ourense 3

Interior da Catedral de Ourense.



TRABALLOS DE REHABILITACIÓN

Dende o ano 2009 a Xunta de Galicia está a levar a cabo diferentes traballos de rehabilitación neste templo, como as actuacións que se fixeron nas cubertas e nas terrazas na cabeceira da basílica, incluíndo a Capela do Santo Cristo, a recuperación da policromía do Pórtico do Paraíso, a restauración da pintura do mural de San Cristóbal, no nártex, ou as obras na Capela de San Xoan.

Catedral de Ourense 4

Capela do Cristo.



INTERVENCIÓN NA SACRISTÍA

Unha das intervencións máis recentes foi a que se levou acabo no pasado ano 2020: en plena época de pandemia se fixo a restauración da sacristía maior do templo.

Catedral de Ourense 5

Sacristía da Catedral de Ourense



O subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Manuel Chaín explica que "este espazo estaba envellecido e tiña problemas de conservación e de deterioro que causa o paso do tempo: había humidades, as caixoneiras amosaban danos de uso, a bóveda de pedra policromada necesitaba ser restaurada e, o máis urxente era o tratamento que necesitaban as madeiras e o pavimento de pedra da sacristía".



Tras casi un ano de traballos, dende xuño de 2020 ata marzo de 2021, a través do proxecto da Consellería de Cultura conseguíuse conservar todos estes elementos.


RESTAURACIÓN DAS REIXAS E PÚLPITOS

O Goberno galego vai blindar o mantemento e a conservación do templo ourensán, xunto coas outras catro catedrais que temos nesta comunidade autónoma -Lugo, Tui, Pontevedra e Santiago de Compostela-nun Plan de Catedrais que recollerá as actucións a desenvolver cara ó Xacobeo 2027.

Nesa programación que está a seguir o departamento de Cultura da Xunta de Galicia, de acordo co Cabido catedralicio e coa Diócese de Ourense, actualmente estase intervindo nas reixas e púlpitos da Capela maior. Estes elementos datan do ano 1589 e foron obra duhna figura elemental na arte do Renacemento en Galicia: o pintor, escultor e forxador Juan Bautista Celma (Aragón, 1540 - Santiago de Compostela, 1608).



Os traballos comezaron polas reixas da fachada sur. "Non só son reixas, senon que tamén hai madeiras incrustadas en toda a estrutura. Estudiáronse con raios gamma, e as radiografías que se fixeron posibilitaron o descubrimento dos fallos que hai que sanear e, incluso, amosaron diversos materiáis que non se sabía que formaban parte da forxa", comenta o dean da Catedral, José Pérez Domínguez.


PRÓXIMAS INTERVENCIÓNS

A seguinte actuación será na parte occidental da Catedral e centrarase no nártex, na fachada e nas Torres de San Martiño e das Campás, e tamén nos dous patios interiores delimitados pola nave central, as naves laterais, e a zona do coro.

Vídeo

Detalle da fachada occidental da Catedral de Ourense.



Os traballos que se van facer na fachada occidental, ademáis da limpeza, consolidación e selado da pedra, inclúen a desmontaxe dunha trazaría de pedra que data do século XVI e duhna vidrieira que se colocou no século XX no rosetón do corpo superior. Vaise instalar unha nova carpintería de latón e unha nova vidrieira.

Catedral de Ourense 12

Vidrieira da fachada occidental que vai ser restaurada.



No nártex está previsto o cambio da iluminación do Pórtico do Paraíso, e a restauración das portas de madeira de acceso. Ademáis vanse facer dúas catas na base da Torre das Campás para atopar a orixe das humidades que presenta.


O QUE AÍNDA QUEDA POR FACER

Desde a Consellería de Cultura, a través do Plan de Catedráis, se prevén aínda moitos traballos de rehabilitación e conservación, como os que se levarán a cabo na Capela Maior e no cimborrio.

Audio


Como dí Manuel Chaín "hai que seguir conservando e mantendo, porque as catedráis deben estar constantemente baixo coidados".




Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar