O Padroado da Fundación Otero Pedrayo acordou outorgar o Premio Trasalba 2026 a Ramón Villares
A Comisión de Goberno do Padroado resalta os seus "relevantes méritos no ámbito da cultura galega"
O Padroado da Fundación Otero Pedrayo reunido este pasado 31 de xaneiro
Ourense - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O Padroado da Fundación Otero Pedrayo acordou outorgar o Premio Trasalba 2026 ao profesor Ramón Villares polos seus “relevantes méritos no ámbito da cultura galega” segundo a decisión da Comisión de Goberno do Padroado, quen resaltou “a súa entrega á causa oteriana e polos moitos anos que leva dedicado a investigar ao estreo da Xeración Nós como historiador e xeógrafo”.
A Xunta de Goberno considerou que o ensaio “Fuga e retorno de Adrián Solovio” (Galaxia 2018) é, a día de hoxe, “una das pezas claves para achegarse ao escritor”.
A Comisión tivo en conta tamén que Ramón Villares desde as súas responsabilidades de reitor da Universidade de Santiago e de presidente do Consello da Cultura Galega así como desde a súa actividade como investigador e catedrático, “soubo integrar investigación e acción cultural para entender mellor a Galicia contemporánea”.
Por outro lado, os membros do Padroado respaldaron ao presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, para continuar ao frente da Fundación.