A Fundación Otero Pedrayo entregará o 29 de xuño o Premio Trasalba á Editorial Galaxia,que festexa o seu 75 aniversario

A entrega do galardón terá lugar na Casa-Museo do Patriarca das Letras Galegas en Trasalba coa laudatio de Victor F. Freixanes, a actuación musical de María do Ceo e a presentación dun libro a cargo de Xesús Alonso Montero   

El presidente de la Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, y miembros de la Fundación con uno de los premiados

Juan Maceiras

Ourense - Publicado el

1 min lectura

A Fundación Otero Pedrayo entregará o Premio Trasalba 2025 á Editorial Galaxia o domingo, día 29 de xuño, no Pazo-Museo Otero Pedrayo.

A entrega do premio será de 12:30 a 14:00 horas e contará coa laudatio de Victor F. Freixanes, a actuación musical de María do Ceo, a presentación do libro “Crear Porvir. 75 aniversario da Editorial Galaxia” a cargo de Xesús Alonso Montero e unha intervención de Antón Vidal, presidente actual da editorial que cumple 75 anos. Despois do acto de entrega do premio, terá lugar un xantar no souto da casa para o que é necesario inscribirse. A comida terá un prezo de 25 euros por persoa.