Abril Oteriano no Liceo de Ourense este sábado

Esta é a programación de actos que culminarán o domingo cunha misa en honor a Otero Pedrayo 

O presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, presenta un dos ponentes no Abril Oteriano no 2024

Juan Maceiras

Ourense - Publicado el

1 min lectura

A Fundación Otero Pedrayo organiza este sábado, día 5 de abril, a celebración do Abril Oteriano. A programación prevista terá estos actos:

10:30 Presentación do Abril Oteriano polo presidente da Fundación, Eduardo López Pereira, e a secretaria, Patricia Arias Chachero

11:00 Xesús Alonso Montero disertará sobre “Otero Pedrayo e Castelao nas Letras Galegas: A singularidade dunha amizade fraterna e dunha mutua admiración intelectual”

12:15 Entrega do I Premio Otero Pedrayo de Relato Curto

12:30 Carlos A. Baliñas pronunciará unha conferencia sobre “Lembranza persoal de don Ramón. Galaxia e a xeración La Noche”

13:15 Augusto Pérez Alberti pronunciará un discurso sobre “Viaxando con Otero Pedrayo por Galicia”

17:00 Malores Villanueva disertará sobre “Galaxia: o renacer da literatura galega no S.XX”

18 Antón Vidal Andión rematará o Abril Oteriano con “Don Ramón e Galaxia: unha excepcionalidade en sí mesma”.

Xa o domingo, día 6 de abril, terá lugar unha misa en honor a Otero Pedrayo na igrexa de Santa Eufemia e posterior ofrenda floral no cemiterio de San Francisco donde foi enterrado en abril de 1976.