Xunta de Galicia

A Xunta e a Zona Franca avalían vías de colaboración co fin de seguir potenciando o Instituto Feiral de Vigo

A Xunta e a Zona Franca avalían vías de colaboración co fin de seguir potenciando o Instituto Feiral de Vigo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O encontro serviu para avaliar de forma conxunta a oferta de investimento realizada por Zona Franca para este espazo, coa meta da súa dinamización e de blindar o futuro en Vigo de citas estratéxicas como Conxemar

Na liña do acordado na reunión con Conxemar, o Goberno autonómico remarcou hoxe a importancia de elaborar un plan funcional de análise para concretar as necesidades da feira e implementar as actuacións complementarias de desenvolvemento

Na xuntanza coincidiuse na importancia de afondar na cooperación institucional para acadar solucións beneficiosas para todas as partes e que redunden no impulso do Ifevi

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, reuniuse esta mañá co delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, así como co presidente do Consorcio e alcalde de Vigo, Abel Caballero, co gallo de afondar na colaboración institucional e analizar as propostas do consorcio estatal en relación co Instituto Feiral de Vigo, Ifevi.En concreto, na reunión avaliouse de forma conxunta a oferta de investimento para o Ifevi realizada por Zona Franca, dentro dun espazo de diálogo considerado como chave para examinar as necesidades actuais e futuras do recinto feiral, artellando as solucións precisas para potenciar citas absolutamente estratéxicas como Conxemar, garantindo o seu crecemento dende Vigo e blindando o seu futuro na cidade.Neste mesmo sentido, e na liña do acordado na reunión celebrada no pasado mes de xullo entre a Xunta e a entidade organizadora desta feira, a Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura –Conxemar–, o Goberno autonómico volveu remarcar a importancia de elaborar un plan funcional de análise para concretar as necesidades da feira e poder levar a cabo outras actuacións complementarias ao seu desenvolvemento, como pode ser a ordenación do tráfico e outras cuestións que van máis alá dos espazos. Na reunión de hoxe, todas as partes coincidiron na importancia de afondar na cooperación institucional e o diálogo, co fin de acadar solucións que beneficien todos os actores implicados e redunden na dinamización do Ifevi, procurando o maior beneficio económico para a cidade en particular e para o conxunto de Galicia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 16 OCT 2024 | boletín